En Cervo, a 25 de Outubro de 2017.- O 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que cumpre 25 anos e conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS).A saúde mental no lugar de traballo foi o tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración, considerando que se trata dun asunto de interese para os axentes sociais, as institucións e a sociedade en xeral.
A este propósito, entre o 2 e o 18 de outubro, numerosas asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia sairán á rúa para chamar a atención sobre esta realidade e trasladar aos poderes políticos, axentes sociais, medios de comunicación, empresas, profesionais de diversos ámbitos e á cidadanía en xeral, as reivindicacións e necesidades do colectivo.
Farano a través da acción de sensibilización“O que teño na mente” organizada por FEAFES Galicia, que ten como obxectivofomentar a participación da cidadaníana reflexión sobre os problemas de saúde mental e axudar a previr os riscos de ter desordesdesta índole no ámbito laboral. Para iso, as distintas asociacións sairán á rúa cun gran mural e animarán a todas as persoas que se acheguen a plasmar as súas propostas sobre como se pode fomentar a saúde mental no entorno laboral.
No caso de “A Mariña” , estas accións desenvolveranse en torno á nosa comarca de actuación durante todo o mes de Outubro.
Para comezar contaremos con unha exposición de pintura de Xolo , o noso artista, que estará ubicada durante todo o mes no Centro de Saúde de Burela. Asimesmo, alí estaremos o próximo día 5 dende as 11 ata as 14 h , con unha mesa informativa e a campaña “O que teño na mente”.
O día 6 , no mesmo horario estaremos no Centro de Saúde de Ribadeo e o luns día 9 no Centro de Saúde de Cervo.
O día 10, o noso día, faremos unha festa para usuarios e familiares na Unidade Residencial de Cervo a partires das 19:00 h, onde celebraremos unha xuntanza con diversas actividades : presentación da revista agarimo, lectura do Manifiesto por parte da nosa Presidenta María Iris Castro Meitín, todo en torno a unha merenda-cea amenizada con música e onde seguro ten cabida o baile e por suposto onde o sentimento de pertenza a un grupo de apoio estará presente.
Ademáis, teremos dúas xornadas moi especiais para celebrar este mes, unha terá lugar o día 4 de outubro, día que disfrutaremos dun spa, para relaxar corpo e mente… e outra con un viaxe a Gijón, onde disfrutaremos de tan fermosa cidade para rematar , a finais de mes, os actos do Día Mundial da Saúde Mental .
Estas actividades presenciais completaranse cunha serie de accións na rede, como un mural dixital no que calquera persoa usuaria de Internet poderá facer as súas achegas sobre a saúde mental no lugar de traballo. Pola súa parte, a difusión en redes sociais farase a través do hagstag #oqueteñonamente, animando aos internautas a escribir as súas reflexións nun postit e facerse unha fotografía con el pegado na fronte.
Saúde mental e traballo
As persoas con problemas de saúde mental atópanse con grandes obstáculos á hora de integrarse no mundo laboral, debido, en gran parte, aos falsos mitos e ao descoñecemento que hai cara esta realidade. Existen vías para que calquera persoa, independentemente das súas circunstancias vitais, como pode ser un problema de saúde mental, exercite o seu dereito a acceder e manter un emprego; sendo fundamental ademais que as persoas con problemas de saúde mental formen parte activa da sociedade, sexan consideradas cidadás con dereitos e obrigacións e desenvolvan un sentimento de utilidade.
Dende as asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia, queremos promover o dereito de calquera persoa a acceder e manter un emprego, así como tomar conciencia sobre a necesidade de que os lugares de traballo sexan contornas saudables onde se coide a saúde mental.
Algúns datos
Estímase queo 25% das persoas terá un problema de saúde mental ao longo dá súa vida. Ademais, en Europa, os trastornos mentais son o segundo problema de saúde máis común no traballo. Os niveis de absentismo laboral, desemprego e solicitudes de incapacidade por problemas de saúde mental non deixaron de aumentar nos últimos anos: o 10% dos problemas crónicos de saúde e de incapacidade son trastornos mentais e emocionais. Por facernos unha idea da prevalencia desta realidade, a OMS estima que no 2020, a depresión será a segunda causa máis importante de incapacidade no mundo(European Network for WorkplaceHealthPromotion- ENWHP).
En canto á inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental, estímase que só un 15,9% delas traballa, a pesar de ser o segundo grupo máis numeroso de persoas con discapacidade en idade laboral (“El empleo de las personas con discapacidad”. Instituto Nacional de Estadística. 2015). As asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia denunciamos amplamente esta situación e reivindicamos o dereito destas persoas a ter un traballo digno e saudable, destacando o seu potencial e capacidades para poder desempeñar un posto de traballo de forma responsable e axeitada.
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” , con Centros de Rehabilitación psico-social e laboral , situados en Burela e Ribadeo, así como co piso protexido , trata de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen un trastorno mental crónico e das súas familias. A apertura da Unidade Residencial en Cervo, supuxo un adianto cuantitativo en canto a dar cobertura integral a moitas persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica que precisan dunha atención residencial integral.
A nosa misión e prestar unha asistencia continuada ás persoas con enfermidade mental persistente para lograr a súa rehabilitación, así como á das súas familias, na Area Sanitaria da Mariña de Lugo , sempre tendo en conta os nosos valores: profesionalidade, transparencia, traballo en equipo, eficacia, afecto , comprensión e implicación e seguridade.