Falaba a Sra. Alcaldesa de Viveiro non hai moitos días de victimismo ou realidade, pois ben imos a falar da realidade do noso Concello, esa que vostede parece ignorar, non sabemos si por pura conveniencia ou realmente porque vive nunha realidade paralela.
É unha realidade que cunha débeda viva de 12.707.505 €, somos dos 67 concellos da provincia de Lugo os máis endebédados, o sexto dos 313 de Galicia e o 648 dos 8125 de España – entre o 10% dos que máis debemos -.
É unha realidade que das tres empresas municipais que tiñamos, gracias a súa mala xestión, liquidaron dúas – Turviveiro e Eogal – e na terceira Aparcamientos A Mariña faltan 22.000 € das contas do 2015 e aínda por riba, pecharon as contas do 2016 cun déficit de 35.000€.
É unha realidade as chapuzas que fan vostedes na selección de persoal, tal e como ocorriu co “piscinazo”, onde tiveron que ser revisadas as puntuacións de varias prazas por mandato xudicial. Como consecuencia da súa falta de xestión, temos na actualidade a reclamación xudicial de tres persoas por danos e perxuicios o que provocará que unha vez máis sexamos os veciños os paganos de turno dos seus desmáns.
É unha realidade que presentan os presupostos sempre fora de prazo, así aconteceu no 14, 15 e 17 – con sete meses de retraso – e presentaron os do 2016 sobre a bocina.
É unha realidade que non potencian o emprego, non solicitando os obradoiros de emprego da Xunta ni no 2015, ni no 2017. Ë verdade que no 2016 os pediron, pero cando lles reclamaron completar a documentación non o fixeron, co que a súa proposta automaticamernte decaeu. Dixeron que non a unha moción presentada polo noso grupo para a creación dun vivero de empresas e mesmo non solicitaron a subvención para contratar un axente de emprego.
É unha realidade que menosprecian continuamente as aportación da Xunta – máis de 4.200.000 € no 2016 -, contrapoñendoas as da Diputación Provincial – 720.000 € no 2016 -, namentres que dende o PP de Viveiro sempre agradecemos todas as aportacións recibidas que beneficien o noso Concello, veñan de onde veñan.
É unha realidade que todas as petición que vostedes lle fan á Xunta, o PP de Viveiro as apoia, namentres que cando nós lles propoñemos algo para plantear a Diputación, vostedes votan en contra, como ocurriu no caso do Conservatorio o unha proposta de solución ás continúas roturas de auga entre Xunqueira e Landrove.
É unha realidade que ese respecto institucional que vostede sempre reclama para si, vostede non o aplica ós demáis e temos exemplos sobrados, o último cando no pleno do 20 de xullo deste ano un integrante do seu equipo de goberno lle chamou a Portos e a Costas “chiringuitos”, tal e como se pode comprobar na acta dese día. Con esas lindezas e actitudes non é de extrañar que non a reciban.
É unha realidade que teñen abandoado o rural do noso concello, coas pistas en mal estado e abstendose na moción que o noso grupo presentou para elaborar un plan plurianual para o saneamento onde fose necesario, moción que saiu adiante con noso voto e o resto de formacións do pleno.
É unha realidade que Viveiro sigue sin Plan Xeral de Ordenación Municipal, a pesares de que algún xa o anunciaba para o 2006.
É unha realidade que Viveiro sigue sin variante despois de que vostedes rechazasen ata cinco propostas feitas pola Xunta. Agardemos que a que lles presentará a Xunta a non moito tardar a acepten, porque senón teremos que pensar que son vostedes os máis interesados en que Viveiro non teña a ansiada e necesaria variante.
E así poderíamos seguir Sra. Alcaldesa, agardemos que se decate da realidade e dunha vez por todas se poña a facer algo máis que queixarse.
Viveiro a 15 de setembro de 2017
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



