Santiago de Compostela, 15 de setembro, 2017.- A deputada e portavoz de pesca do BNG, Montse Prado lembrou hoxe ao percebeiro Paco Souto que perdeu a vida tras un tráxico accidente cando se atopaba desenvolvendo a súa actividade en Razo, Carballo e reclamou incluír nas prestacións asistencias de traballadores do mar, a “percebeir@s, redeiras e mariscadoras” ademais de presentar un recurso ante o ISM para que sexan recoñecidos, “con carácter retroactivo” os dereitos dos familiares que sufriron a perda dalgún membro nun tráxico suceso no mar.
A proposición non de lei defendida por Montse Prado na comisión de Pesca acadou o apoio unánime para que o Parlamento inste ao goberno galego a esixir do Goberno do Estado modificar a actual lexislación que regula a concesión de prestacións asistenciais para traballadores do mar coa inclusión de “percebeir@s, mariscadoras e redeiras e outros casos que non realicen a súa actividade a borde de embarcacións”.
A parlamentaria agradeceu o apoio do resto das forzas políticas, á proposta nacionalista para mudar unha lexislación que “ignora por completo a realidade dos traballadores/as do mar en Galiza”. Prado lembrou as recentes mortes dos últimos anos entre os que destacou, á percebeira de Oia, Mercedes Veiga e o percebeiro Paco Souto, cuxos familiares tras presentar solicitude para a prestación asistencial por falecemento, esta foi denegada baixo a argumentación dun “falecemento non producido a bordo dunha embarcación”.
Para a deputada, “esta denegación”, evidencia o desamparo deste colectivo polo feito de non estar embarcados polo que amosou o seu convencemento en que o acordo parlamentario acadado hoxe, tras unha transacción co grupo popular, poña fin definitivamente a unha situación que discrimina a un gran número de traballadores e traballadoras do mar.


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



