Lugo, 21 de setembro de 2017. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, puxo de manifesto este xoves, Día Mundial do Alzheimer, o compromiso do Goberno da Deputación cos arredor de 10.000 lucenses que sofren desta enfermidade neurodexenerativa. López Izquierdo avanzou que o Goberno da Deputación colabora con todos os colectivos da provincia que atende a lucenses con alzheimer, así como ás súas familias, cunha achega de 50.000 euros, que permite aos seguintes colectivos ofrecer atención profesional: AFA-Chantada, AFA-Monforte, AFA-Viveiro e AFA-LU.
Fíxoo nun encontro con membros da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFA-LU), colectivo que atende a máis dun cento de lucenses nos 2 centros cos que conta na capital luguesa, así como outros 3 en Friol, Vilalba e As Nogais, nos que traballan 35 profesionais: traballadores sociais, educadores sociais, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, psicólogos, nutricionistas, psicomotricistas, auxiliares de enfermería… López Izquierdo estivo con usuario de AFA-LU, así como coa Presidenta deste colectivo, Carmen Pena, ademais do Director e da Coordinadora dunha das unidade na cidade lucense, Valentín Calvín e Iria Franco, respectivamente.
A Deputada explicou “que aínda que os organismos provinciais non teñen as competencias nesta materia, dende este Goberno, dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, cremos que é necesario axudar ás miles de persoas que sofren esta enfermidade e ás súas familias. Por iso, sumamos esforzos con todos os colectivos implicados neste eido que hai na provincia e que prestan atención profesional a través de, por exemplo, terapias de estimulación cognitiva e psicomotriz, obradoiros de memoria ou mesmo asistencia ás familias”.
Neste senso, López Izquierdo subliñou a “necesidade de que as administracións públicas coas competencias na materia destinen máis fondos para a investigación científica sobre esta enfermidade, así como para mellorar e dignificar a calidade de vida dos doentes e das súas familias”.
“Hoxe, no Día Mundial do Alzheimer, queremos dar visibilidade aos colectivos implicados na atención das persoas con esta enfermidade, así como as súas familias, que en moitas ocasións son as grandes esquecidas; e concienciar á cidadanía sobre a importancia de coñecer esta doenzas, que todos podemos sufrir. Dende o Goberno da Deputación sumámonos a vosa causa porque tamén é a nosa”, engadiu.
Lembrou, ademais, que a Deputación ofrece a maiores da provincia talleres de memoria ou de estimulación cognitiva, entre outras actividades totalmente gratuíta, a través do In Lugo, que é o primeiro centro de innovación social de Galicia. Tamén presta Teleasistencia a custe cero e Servizo a Domicilio a persoas non dependentes da provincia, facendo que o investimento para impulsar o benestar no conxunto do territorio lugués represente un dos principais investimentos da institución.
López Izquierdo informou que a Deputación súmase aos actos conmemorativos no Día Mundial do Alzheimer, tinguindo de morado a fachada da sede do Pazo de San Marcos.

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



