Burela, 4 de outubro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que se a veciñanza da Mariña hoxe se beneficia do novo plan de transporte público por estrada “é porque o Goberno de Galicia se preocupou de poñelo en marcha”.
O dirixente territorial lembra que as empresas concesionarias renunciaron a seguir prestando as rutas de autobús o que puidera ter deixado sen transporte público á comarca.
“Ante este risco, a Xunta tomou cartas no asunto, garantiu o servizo e evitou que os veciños quedasen sen transporte”-dixo Balseiro.
Mancomunidade
Tamén desde a Xunta acollen positivamente a valoración que o presidente da mancomunidade de municipios da Mariña fai do novo plan, aínda que sorprende que o seu presidente faga de altavoz cando esta entidade non presentou ningunha alegación de mellora ao anteproxecto das rutas e, tampouco o Concello de Burela, que el preside.
“Si presentaron propostas de mellora outros concellos da comarca ou as propias empresas de transporte, sobre todo no ámbito da reorganización de horarios” Nese senso Balseiro concluíu indicando, que as liñas poderán seguir incorporando novidades xa que a Xunta “escoita e analiza todas as propostas con total vontade de mellorar o servizo aos veciños, en especial, para a incrementar a comunicación do rural”.