Burela a 04 de outubro do 2017. Como cada mércores, celebráronse concentracións en tódolos Centros de Saúde da Mariña e no Hospital da Costa en protesta pola modificación da lei de Saúde de Galicia que pretende exterminar a nosa Área Sanitaria.
Dende a Xunta de Persoal, alertaron aos presentes que si suprimen a Área sanitaria da Mariña pasaremos a ser pacientes da Área de Lugo, que cando nos citen en Lugo, teremos que aceptala ao ser pacientes de Lugo polo que as derivacións cara a cidade aumentarán considerablemente.
Alertaron de que os profesionais sanitarios que pertencemos a Área Sanitaria da Mariña, pasaremos a pertencer a Área de Lugo, polo que poderán obrigarnos a ir traballar a Lugo.
A idea é centralizar en Lugo as intervencións cirúrxicas, obrigando aos profesionais a ir a operar a Lugo e aos pacientes a ser operados na capital. Hai especialistas que nos están a dicir que si suprimen a nosa Área, se irán da Mariña, que pedirán traslado para outra Área como Ferrol ou Coruña, que non pensan soportar estas condicións de traballo, que cando escolleron vivir na Mariña non o fixeron para ir traballar a Lugo.
Alertaron novamente que a ampliación que está en marcha, tan so amplía espazo, pero ni un servizo a maiores dos que temos, que ese espazo vai ser destinado a consultas porque ese é o deseño que teñen para este hospital, que pase a ser un consultorio.
A resonancia magnética, e os aparellos radiolóxicos para facer densitometrías óseas, placas dentais ou electromiogramas, que sempre dixeron que non podían traelos por falla de espacio, agora que se amplía ese espazo, seguen sen traelos. Teñen negocio coas privadas de Lugo, polo que seguiremos tendo que ir a Lugo a facer as probas diagnósticas.
Trasladamos as declaracións feitas polo señor Barcia no pleno celebrado o xoves pasado en Burela, onde dixo, estando presente a Plataforma en defensa da Sanidade da Mariña , que o aparcadoiro ía ser de pago, que en tódolos hospitais son de pago e aquí non ía ser distinto.
E fixemos un chamamento a todas e todos os presentes a participar na manifestación convocada pola Plataforma en defensa da Sanidade da Mariña para mañá xoves, as 20horas diante do Hospital para berrar ben forte que queremos manter a nosa Área Sanitaria, que non queremos ser pacientes de Lugo, que imos a apostar pola sanidade da nosa Comarca, que queremos as mesmas condicións para a nosa Comarca que as que ten a Comarca do Ferrol, que queremos unha ampliación de servizos e que os que temos que non nolos leven para Lugo, que non somos cidadáns de segunda e que nos merecemos unha sanidade digna, de proximidade e de calidade.