Lugo, 11 de outubro 2017. O deputado provincial do BNG, Xosé Ferreiro, anunciou que trasladará ao goberno provincial socialista unha serie de preguntas sobre a execución das partidas orzamentarias destinadas á promoción cultural. Ferreiro lembrou que o orzamento de cultura “é o mesmo que en pasados exercicios, pero estamos a detectar as carencias que se producen no reparto de fondos a colectivos culturais e iniciativas que se viñan financiando dende a Deputación en anos anteriores”.
Segundo Ferreiro “as partidas de cultura non tiveron nada que ver co Plan Único e a Deputación mantén unha importante partida orzamentaria para o fomento da cultura en todos os concellos da provincia” e engadiu “vemos como se están pagando concertos con cifras astronómicas para as festas do San Froilán pero estanse reducindo as cantidades que se destinaban a promover actividade cultural noutros concellos que teñen moitas menos posibilidades económicas que o de Lugo”.
Ferreiro lembrou como a Deputación, cando o BNG tiña responsabilidades de goberno, “tiña establecidos programas como Buxiganga, Musiqueando ou Cultura sobre Rodas para achegar a actividade cultural a todos os concellos independentemente da cor política do goberno municipal”. Xosé Ferreiro explicou “sabemos que se están negando axudas e recortando a actividade cultural que se levaba a todos os concellos dende a Deputación” e criticou que “se eliminaran programas como Cultura Aberta ou que se restrinxan os fondos destinados a programas recoñecidos como Buxiganga”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



