O pasado venres, 8 de Decembro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras enfermidades Neurodexenerativas logrou reunir a máis de 200 persoas na súa Cea Baile Benéfica conseguindo así un dos seus principais obxectivos: poder dar continuidade ós servizos que ofrecen na súa Unidade de Respiro Familiar durante os primeiros meses do vindeiro ano. Dende a Xunta Directiva de AFAN queren transmitir o seu agradecemento a todos os asistentes polas mostras de solidariedade recibidas e a calidez coa que transcorreu a velada así como a todas aquelas persoas, asociacións e empresas que colaboraron de xeito desinteresado para facer posible este evento.
AFAN Burela reuniu a máis de 200 persoas na súa cea benéfica
AFAN Burela reuniu a máis de 200 persoas na súa cea benéfica
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebra esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo