Mondoñedo, 15 de decembro de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou esta mañá na xornada Demoday, que acolleu hoxe o Centro Comarcal da localidade, e durante a que máis de 20 emprendedores expuxeron os seus proxectos. Neste senso, a rexedora resalta que o seu Goberno durante a segunda parte do seu mandato se atopa centrado en dinamizar economicamente a cidade, así e de novo establécese como administración colaboradora para a promoción de proxectos emprendedores.
A rexedora subliñou a importancia do emprendemento “como un dos piares básicos para avanzar na dinamización económica ao tempo que puxo en valor a celebración da primeira edición; así como o desenvolvemento deste segundo espazo Coworking, promovido pola Xunta, o Ministerio de Economía e a EOI para a promoción do emprendemento”, Deste xeito, hoxe en Mondoñedo “búscase aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fase temperá de desenvolvemento, co obxectivo de lograr que os emprendedores en pouco tempo poidan poñer en marcha os seus proxectos”.
A alcaldesa destacou a importancia deste proxecto para colaborar desde as administracións, desde o máis profundo respecto á lei, en axudar aos emprendedores. “Para iso xorden e se están a desenvolver estas iniciativas que están a axudar á consolidación de proxectos que creen emprego”, precisa.
De igual xeito e dende un eido máis local, Candia fixo fincapé na importancia que ten que Mondoñedo “estea a soar en positivo como unha cidade con posibilidades e onde as administracións dan facilidades para emprender”. Polo tanto, a rexedora ofreceu de novo unión e traballo incansable con resto de administracións e Concellos para avanzar no reto do emprendemento.
Proxecto emprendedores participantes no Demoday do Espazo Coworking EOI-Mariña Lucense
– Hotel dos Chaos: proxecto de rehabilitación de Edificio tradicional de 200 anos para creación do Hotel “dos Chaos” no Casco Histórico da Cidade de Viveiro
– Marinacan: Empresa dedicada a intervencións asistidas con animais (cans e galiñas). Destínase a mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional ou necesidades específicas, desenvolvendo o seu potencial persoal dun xeito que garanta a súa participación activa na sociedade de forma autónoma.
– Esmorga Eventos: É unha empresa con sede en Mondoñedo cuxo modelo de negocio é a xestión integral de eventos para particulares ou institucións.
– Container Room: aloxamentos na natureza, utilizando como estrutura construtiva e diferenciadora contairens marítimos.
– La Rueca y el Telar: proxecto téxtil enfocado na venta de produtos artesáns personalizados, colchas, tapices…
– Sandra Conde Cerámica: creación de cerámica artesanal de deseño e personalizada.
– Fertilizantes online: plataforma para a venta online de fertilizantes
– Agencia Comunicación y Marketing: orientada a dar servizo aos pequenos concellos onde non contan con departamentos internos ou profesionais dedicados a promocionar as accións levadas a cabo.
– Centro de saúde psicoloxía Seoane: Centro de avaliación, orientación e tratamento psicoterapéutico para todas as idades.
– Lucus Inmobiliaria: o uso é un concepto diferente, adaptado ó momento de recuperación do sector que vivimos
– Agrochaira: produción e envasado de mel ecolóxico e produtos derivados
– Negoziador: plataforma de servizos de xestión de compras e redución de custos para empresas
– Meu tesoro: como principal innovación, preséntanse en plena natureza uns aloxamentos bioclimáticos
– Ramalleira arquitectura: estudio de arquitectura e rehabilitación
– Tecnocousas: enfocada nos servizos informáticos
– Dulces de Aquí e Alí: elaboración e venta de repostería artesán de calidade
– Estimulanimal: intervencións asistidas con animais desde o cal se realizan sesións educativas e terapéuticas
– Energym Castro: centro deportivo cun proxecto que busca captar novos clientes
– Restaurante Sierra: restauración, elaboración de menús caseiros, almorzos, grella, comida para levar e bocadillos.
– Mel de Vituco: asentamento apícola de 70 colmeas. Producen mel de calidade e totalmente natural.
– Canguro express: buscador online que pon en contacto persoas que queren traballar como canguros, coidador de persoas maiores, tarefas do fogar…





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



