O vindeiro día 10 de maio, ás 19:30h, presentarase no xardín da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro o libro de Alfonso Armada, Cuaderno de viaje al País Natal
Mondoñedo, 9 de maio, 2024. A Casa Museo de Álvaro Cunqueiro acollerá a presentación do libro de Alfonso Armanda, ás 19:30h no xardín. Nun entorno cunqueiriano o autor falará desta obra de viaxes moi ao estilo do mindoniense universal.
A presentación contará con presenza institucional, por parte do Concello de Mondoñedo.
En palabras do proio autor:
“Me fui después a ver los lindes de Mondoñedo, que es una villa, con una catedral de rodillas, que se puede abarcar de una mirada, pero hay que escoger un buen mirador. El campo está ahí al lado, piadoso. Se puede dejar la ciudad casi dando una vuelta a una casa frontera, a la vuelta de un camino. Así fue, y así fue también como robé una gran hortensia azul con pétalos blancos y celestes, nacarados, de un jardín que desbordaba las cancelas: Como non tiña nin un triste caravel de caraveles, roubei para o senhor Cunqueiro unha hortensia no seu louvor. Y así lo dejé, sobre su triste lápida, donde nadie se había apiadado de su memoria, bajo una suave llovizna de esta jornada de agosto que Esther Otero Loureiro endulzó con la suya, tan viva, posó ante el retrato de su padre, y también me permitió que la fotografiara en la ventana de su cuarto, desde la calle. Fue mi homenaje a la que Corina tomó de Carmen, la hermana de Cunqueiro, la última vez que pasamos por Mondoñedo, en el año 2000. ¿Sabía Cunqueiro cosas que puedo compartir mediante esos libros en los que convoca, como un dios de niebla y certezas, humo y palinodias, cerezas duras y sonetos provenzales, zumos de amor y música de instrumentos de piedra medieval que cobran vida en los labios de tintura roja de damas venidas de Borgoña y Aviñón hasta Mondoñedo, Vilar de Donas y Muxía? ¿Por eso dejó escrito palabras como estas? “Acostumbro a preguntarme, recordando los poetas que nacieron y vivieron en Mondoñedo, si el país que yo veo, ellos lo vieron como yo lo siento y contemplo, si las palabras que yo digo ellos las encontrarían veraces: si ellos reconocerían, en mi decir, la imaginación suya. Porque todo paisaje –y esto vale para la memoria sentimental como para la pintura– es, esencialmente, una imaginación”. Con esa imaginación se alimenta un país, se sueña una eternidad, se vence, juiciosa y líricamente, a la muerte. Por eso no puedo irme de Mondoñedo sin pensar en volver. Por eso le dejé una hortensia fresca de azul y nácar como un viático. Por eso yo le agradezco lo que dejó escrito para que al volver a leerle vivamos un suplemento de vida, porque las palabras, como sabían los que hablaban latín, crean, y la niebla es nuestro sudario más amable y sutil. El más elegante frac para la Estigia.”
Estos son uns fragmentos dun dos capítulos do Cuaderno de viaje al país natal, o titulado ‘Mondoñedo, donde las nieblas hablan latín’, froito dunha proposta do meu primeiro xornal, o Faro de Vigo, que me levóu de volta ao meu país natal e á miña infancia, ao que quedaba del, ao que quedaba dela. E que logo publicóu a editorial La umbría y la solana, que destila amor pola cultura en portugués, un desexo admirabel.
Volvo agora a Mondoñedo para falar do libro, da viaxe, do país, do pai Miño e desta cidade abocada tanto á imaxinación como á memoria. Acompañanme a concelleira de Turismo e Camiño Norte Dona María Patricia Otero, e conto con que algunha das figuras que aparecen no libro, esta etapa capital de Mondoñedo, se acheguen ao xardín da Casa Museu de Cunqueiro para facer falar a memoria e ao presente du país que é de néboas e ao mesmo tempo tan certo como o noso. Será ás 19.30 do venres, 10 de maio.
Alfonso Armada (Vigo, 1958) estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e fixo as súas primeiras prácticas profesionais en Faro de Vigo, periódico que xunto a La opinión A Coruña -ambos do grupo Prensa Ibérica-, propiciaron este libro que se vai presentar en Mondoñedo.
Alfonso Armada traballou en El País, Abc e fundou a revista fronterad. É autor de libros en galego como Lisboa, Mar Atlático. Diario dunha travesía, así como dos poemarios Escuma dos dentros. Poemas 1975-1983, Pita velentosa, porta dos azares e TSC. Diario da noite.
As súas últimas obras en castelán son El Celta no tiene la culpa, El arte de la entrevista. De David Bowie a Adam Zagajewki, El misterio de Vega Sicilia, e os poemarios Cuánto pesa una cabeza humana. Diario de un virus coronado por el miedo, El mecanismo de las mareas e La vida es una carretera secundaria.
O autor, o Concello de Mondoñedo e a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro queren convidar a todos os amantes da literatura e de Cunqueiro a achegarse a este acto de gran interese cultural.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



