Papá Noel vestiuse esta semana de laranxa coa tradicional visita do Pescados Rubén Burela FS á área de Pediatría do Hospital da Costa da localidade mariñá. Bea Mateos, Lara, Luisma, Víctor e Sergio Cora exerceron de axudantes dende Laponia compartindo unha mañá moi entretida cos nenos ingresados. Os/As xogadores/as burelistas obsequiaron os pequenos/as con camisetas e gorras laranxas e con algún outro agasalliño, ademais de convidalos aos partidos de Vista Alegre, pero tamén recibiron o mellor dos regalos, a ilusión, a emoción e as palabras de amor polo deporte dos irmáns ribadenses Sergio e Iván, de 10 anos; o focego Adryan, de 4 anos; e o máis pequeniño, o burelao Lucas, de tan só 2 aniños. De parte de toda a Familia Laranxa, os nosos mellores desexos para un rápida recuperación.
Papá Noel vístese de laranxa
Papá Noel vístese de laranxa
Relacionado
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»