Despois de tres anos, a Fundación Imdecum recupera na súa programación de promoción de fútbol sala de base o Trofeo do Nadal Mariñán. Un total de 7 equipos, e 4 clubs, das categorías Biberón e Prebenxamín daranse cita mañá, 27 de decembro, no pavillón Vista Alegre de Burela. ED Lourenzá, Santiago de Foz, Escolas Celeiro-Xove FS e Pescados Rubén Burela FS divertiranse ao grande sobre o parqué a partir das 16.00 horas con 9 partidos por diante. Todos os participantes recibirán o recoñecemento na cita cunha medalla, no acto de clausura, previsto para as 21.00 horas.
Volve o trofeo de nadal mariñán coa ilusión dos máis pequenos
Volve o trofeo de nadal mariñán coa ilusión dos máis pequenos
Relacionado
-
Con motivo da celebración do Mercado Renacentista, o servizo de recollida de lixo no casco histórico de Viveiro sufre modificacións a partires deste xoves
-
Fin de semana de música e teatro con motivo do segundo aniversario da Taberna Galiana, aproveitando tamen a distinción de Solete Repsol do restaurante
-
Ángela Alcántara Coto, Marcela Pérez-Magdalena Villar, Eduardo Veiga Otero, e Antonio Florín Parlogea, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, recibiron o premio MEGAU 2025