Lugo, 26 de xaneiro de 2018. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, entregaron este venres, nun acto que tivo lugar no Vello Cárcere, os premios da campaña Merca e Gaña polo Nadal, que puxo en marcha a Deputación coa colaboración da Federación e do Concello, no caso da capital, co obxectivo de incentivar as compras nos 5.500 establecementos que hai na provincia durante ditas datas. A campaña acadou uns beneficios de 1,6 millóns de euros, que son o valor das 27.000 compras rexistradas. Os tíckets das mesmas participaron no sorteo telemático do que resultaron 40 gañadores de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200. Hoxe os premiados recolleron os seus premios, dun total de 10.000 euros, que poderán destinar unicamente a máis compras no comercio local da provincia de Lugo.
40 premiados
O sorteo dos premios de 10.000 euros de Merca e Gaña polo Nadal fíxose ante notario, incluíndo no mesmo os 27.000 tíckets con compras de 1,6 millóns de euros. Os veciños que resultaron gañadores son os seguintes:
– Recibiron tarxetas de 300 euros: Rosario García Maseda, de Vilalba; Ana Pernas Cendán, de Vilalba; Marta López Rodríguez, de Lugo; Begoña López Silva, de Lugo; Amador Pardo, de Lugo; Isolina Rodríguez López, de Lugo; María Manteiga Valle, de Rábade; Jennifer Quiroga Cela, de Sarria; Ángel Gorgoso Belda, de Lugo; María Eugenia Fernández Touzón, de Lugo; Ángela Rincón Rodríguez, de Sarria; José Ramón Irimia Souto, de Lourenzá; Fabio Jato Alonso, de Lugo; María Carmen Rivas Rodríguez, de Foz; Montse López, de Sarria; Mª del Carmen González González, de Covas en Viveiro; Silvia Dopazo Fernández, de Lugo; María Teresa Fernández Luaces, de Monforte; Germán Ramírez, de Chantada; María Fernández Torneiro, de Lugo.
– Recibiron tarxetas de 200 euros: Patricia Vázquez Pena, de Viveiro; Pilar Arias Goyanes, de Sarria; Nerea Diéguez Porto, de Taboada; M. Nieves Cando López, de Burela; Cristina Fraga Novo, de Foz; Daniel Río Trigo, de Foz; Beatriz Irigoyen Vázquez, de Ribadeo; Susana Corbelle Gómez, de Lugo; Ana de Castro Rego, de Ribadeo; Cristina Otero Sanmiguel, de Guitiriz; Sonia Fernández Longarela, de Mondoñedo; Yasmina Díaz Rodríguez, de Sarria; Tamara Gayoso Felpeto, de Vilalba; Yolanda Lara Cruz, de Lugo; Miguel Ángel Doel Arias, de Lugo; Yolanda Maciñeiras Soengas, de Monforte; Dolores Nieto Milla, de Lugo; Anita Pérez Santín, de Becerreá; Antonio Souto Prieto, de Vilalba; e Marcos Cambeiro Vázquez, de Lugo.
Concurso de Escaparates de Nadal
Durante a entrega destes premios, tamén se coñeceron os 3 gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal, co que se busca pór en valor o traballo dos profesionais do sector do comercio. Participaron 23 establecementos da capital lucense, pois esta iniciativa partiu do Concello de Lugo e da Federación. Os galardoados son Confecciones García, Óptica de la Torre e Peletería Lucus.
Colaboración da TIC da Deputación
Durante o acto de entrega destes premios, proxectáronse os vídeos promocionais sobre os establecemento da provincia que elaborou a TIC da Deputación co obxectivo de incentivar as compras no comercio local da provincia. Foi unha iniciativa máis da campaña Merca e Gaña polo Nadal. Esta desenvolveuse dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Durante este período, todas as persoas que mercaron en calquera dos establecementos da provincia rexistraron (eles mesmo ou coa axuda dos comerciantes) os seus tícket de compra, que foron un total de 27.000, en www.nadalmercaegana.com. Todos eles formaron parte do sorte dos premios de 10.000 euros entregados hoxe.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.