As ondas poden acadar os 9 metros de altura. Dende o Concello de Cervo recoméndase á veciñanza que extreme as precaucións e lembra as recomendacións a seguir: Chamar ao 112 ante calquera emerxencia, evitar o baño nas praias e tamén realizar prácticas deportivas e náuticas; e permanecer lonxe da costa, das rompentes, espigóns ou peiraos.
