Desde hai un tempo vense realizando esta movilización ás portas do centro de saúde de Ribadeo os mércores ás 12 do mediodía, atendendo así á convocatoria feita pola plataforma en defensa da sanidade pública. Os asistentes portaron carteis nos que se podía ler “non á supresión da área sanitaria da Mariña”. Xunto a eles estivo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia.