Foz a 02 de Xaneiro de 2018. O pasado 28 de decembro celebrouse o pleno deste mes, e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno,“FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”,formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno que proceda a pintar pasos de peóns na Rúa Concello de Xove como nos reclaman os veciños nos últimos tempos.
2.Rogámoslle que procedan a cambiar unha varanda que se atopa en moi mal estado na Rúa Concepción Arenal.
3.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno que continúe coa reordenación do tráfico na prolongación da Rúa do Pilar, despois do cruce do Mercadona ata a Rúa fonte da Cruz.
Preguntas mes de xuño.
1.¿Pensa o Equipo de Goberno facer algunha actuación no Parking Municipal do Pema tralo derrubamento que se produciu tralos últimos temporais ?
Resposta: Pertence a Puertos de Galicia, e xa están avisados para que procedan a facer a reparación pertinente.
2.¿Sabe o Equipo de Goberno cal foi o motivo polo que non se realizou este ano o Festival do asilo?
Resposta: Non se realizou porque se está xa tramitando a apertura da Nova Residencia.
3.No pleno do pasado mes de Novembro aprobouse facer unha charla informativa ,no prazo dun mes, cos veciños para explicar a obra da Avda. Da Mariña, o mes xa pasou, ¿Sabe o Equipo de Goberno cando vai a ter lugar ese acto?
Resposta: Dende que pasen as Navidades se procederá a facer a Charla informativa cos veciños e veciñas.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.