O Concello ultima os preparativos da Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro. As súas Maxestades percorrerán algunhas rúas barreirenses para chegar ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 20:15 horas. Alí visitarán o Nacemento Vivente e despois participarán na recepción aos nenos e nenas que se acheguen a compartir uns minutos con eles. O Nacemento Vivente estará aberto ao público a partir das oito da tarde do venres. Estas tradicionais actividades coas que remata o Nadal están organizadas pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil, que contan coa colaboración de vari@s moz@s voluntari@s.









Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



