Cervo, 20 de febreiro de 2017.- A Casa do Mar de San Cibrao acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller, que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio.
Os actos están programados para o sábado 10 de marzo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asistiu á presentación da programación, na que tamén estivo presente a edil responsable do departamento, Pilar Armada; e representantes das diferentes asociacións de mulleres do municipio que colaboran: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.
Armada recordou “que entre todas, conseguimos perfilar e consensuar un programa co que pretendemos chegar a todas as mulleres de Cervo, protagonistas de xeito simbólico este día, pero sempre presentes e participativas no día a día do noso municipio”.
Deste xeito, o Concello organiza un campionato de tute e parchís, que xa se está a xogar neste mes de febreiro.
Ademais, o sábado 10 de marzo, ás 20:00 horas o monologuista Xan Veiga actuará na Casa do Mar, nun acto aberto a todo o púbico.
Ese mesmo día haberá unha cea para tódalas mulleres do Concello que desexen asistir. Será no restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas teñen ata o 8 de marzo para retirar os seus tickets a través das diferentes asociacións e tamén na Casa da Cultura de San Ciprián (982.59.51.57).
Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís.
A xornada rematará con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Epok-a
O Concello de Cervo anima a todas as mulleres do municipio a que se sumen aos diferentes actos programados nesta xornada.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



