Lugo, 22 de febreiro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou este xoves que “parece ser que o ultimátun claro e irrenunciable que dende o Partido Socialista fixemos ao Partido Popular para coñecer a realidade do que está a suceder coa saúde dos nosos veciños pola decisión ou o capricho do PP de non dotar ao HULA de Hemodinámica as 24 horas, cando menos polo de agora e dende hai 7 anos, e, probablemente, ata a proximidade dunha cita electoral, como nos teñen acostumados, burlándose de todos nós e xogando coa nosas vidas; xurdiu algún efecto. Pois vemos como agora de repente van a ampliar o horario deste servizo ata as 10 da noite”.
“Pero este non é o noso obxectivo. Queda un terzo para que o PP nos considere cidadáns de primeira no caso de hemodinámica, posto que un terzo de calquera dos veciños desta provincia que suframos un infarto poderemos ser traslados á Coruña para ser atendidos. Os lucenses reclamamos, porque así o necesitamos, que este servizo funcione as 24 horas dos 7 días da semana. Queremos ser atendidos na nosa provincia con todas as garantías e co mellor servizo, con independencia de cando poidamos sufrir un infarto, un feito incontrolable”, subliñou.
“Dende o PSOE non imos dar cara atrás. Imos a facer que o PP publique todos os datos do Rexistro Galego de Infarto que agocha. Temos dereito a coñecer a diferenza entre a taxa de mortalidade e morbilidade entre os veciños que son atendidos en Lugo e dos que o fan na Coruña. Os lucenses queremos saber, e dende o PSOE nos imos a encargar de que así sexa, se a decisión ou o capricho do PP de retrasar, cando menos 7 anos, o funcionamento de hemodinámica as 24 horas costou ou condicionou a vida dalgún veciño. Nese caso, deberán depurarse responsabilidades”.
“Estamos convencidos de que, desgraciadamente, isto foi así porque, en caso contrario, o PP tería amosado os datos do Rexistro Galego de Infarto nos que se ampara para non ter implantado Hemodinámica 24 horas e agocha. O que agocha o PP é o seu maltrato aos lucenses, que as súas decisións políticas tiveron consecuencias na nosa saúde”.
“Dende o Partido Socialista imos a seguir traballando e pelexando por Hemodinámica as 24 horas dos 365 días do ano porque somos cidadáns de primeira. E imos a conseguilo como xa logramos, co amplísimo respaldo dos nosos veciños, ter primeiro Hemodinámica, aínda que en horario de oficina, e agora, parece, que ampliar o seu servizo ata as 10 da noite”.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



