Foz, 22 de febreiro de 2018. O Concello de Foz acadou un acordo para a compra dunha finca co obxectivo de ampliar o cruce da rúa Fonte da Cruz coa Avenida de Asturias. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, subliña que servirá para darlle maior seguridade e mobilidade a esa zona da vila.
Javier Castiñeira quere “informar a todos os veciños do concello de Foz que o Concello e a persoa propietaria chegamos a un acordo de compra-venda dunha finca moi importante para mellorar a mobilidade dentro do casco urbano e tendo en conta que, dentro de poucas semanas, comezaremos a obra da rúa Álvaro Cunqueiro”.
O rexedor explica que “a finca fai esquina entre a rúa Fonte da Cruz, en Vilaxoane, e a avenida de Asturias, que é a entrada a Foz, xusto enfronte a Villa Modesta. Esta é unha zona de entrada e de saída perimetral, que sufre un estrangulamento porque a propiedade métese dentro da zona de influencia do viario”.
Castiñeira lembra que “no seu momento, hai varios anos, fíxose un estudo de detalle e preparouse todo ese viario cos anchos regulamentarios, pero que nunca se chegou a un acordo co propietario; e a día de hoxe logrouse grazas tamén á boa vontade del e ao afán que o Concello ten de habilitar ese cruce e de ampliar esa zona para darlle moita máis seguridade e moita máis capacidade. É unha moi boa nova porque queríamos inicialo antes de comezar os traballos na rúa Álvaro Cunqueiro. Con elo melloramos a mobilidade que vai ter o concello, sobre todo de tráfico, nunha zona alternativa como é a rúa Fonte da Cruz porque despois pode irse pola rúa do Pilar ou ben coller para a rúa do cemiterio. É unha rúa que bordea o centro urbano e especialmente de saída cara a Ribadeo”.
O alcalde salienta que “é un bo acordo e queda pendente unicamente de facer o pagamento do prezo acordado e elevalo a público, pero o acordo é totalmente firme”.
Javier Castiñeira manifesta que “pronto teremos esa nova conexión e hai que agradecer, por suposto, a actitude dos propietarios, sempre construtiva e loxicamente tamén velando no seu momento para que este cruce sexa moito máis seguro, moito máis práctico, e nos sirva a todos para seguir coa transformación do casco urbano de Foz”.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



