Lugo, 22 de febreiro de 2018. A Fundación TIC da Deputación recibiu este xoves o Trofeo Espírito Barista polos dez anos de colaboración cos Campionatos Internacionais de Baristas de Foz, un recoñecemento acordado por unanimidade polo comité organizador do IES focense. O patrón da TIC e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, foi o encargado de recollelo “en nome de todos os alumnos e alumnas da Escola de Imaxe de Son que participaron desde 2008 neste evento. Sen ir máis lonxe, os estudantes de segundo de realización deste curso son os encargados de emitir en directo, a través de Internet, as tres competicións deste ano”.
Santos Ramos, que estivo acompañado polo Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, e a xerente da TIC, Margarita Soilán, anunciou que “a nosa intención é manter a colaboración da TIC co IES de Foz, xa que é moi positiva para ambas partes, tanto para a formación práctica dos nosos alumnos como a promoción da Escola de Hostalería de Foz e o gran traballo que está a facer, ademais de contribuír a dar a coñecer o Concello focense a nivel nacional e internacional”. A entrega tivo lugar ao remate da Final do XI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, na que participaron 18 Escolas de Galicia, Cantabria, País Vasco Castela León e París.
Eduardo Vidal foi o encargado de entregar o terceiro premio a Alberto Castedo, do IES Sanxillao. A primeira clasificada foi a ourensá María Vila, do IES Vilamarín, e a segunda, Silvia García, do CIFP Compostela.
Mañá, o Campionato de Profesionais en directo
Os alumnos de segundo de realización da EIS tamén se encargarán, mañá venres, do streaming do VI Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que poderá verse a través de Facebook e YouTube. Ao igual que no caso dos Campionatos de Escolas de Hostalería e de Catas de Café, ademais da emisión en directo, editarán vídeos de cada un dos participantes para compartilos nas redes.
O streaming das tres xornadas realízanse con cinco cámaras. Os alumnos rotan por todos os postos: operador de cámara, mesa de son, grafismo, fotografía, axudante de realización, realización e edición de vídeos. O patrón da TIC lembrou que este é un exemplo do modelo educativo da TIC, baseado nas prácticas en escenarios reais.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



