Nos últimos días, o Sr. Llano fixo varias declaracións aos medios de comunicación afirmando que vai “pelexar” e “loitar” por un novo pavillón de deportes para Burela. Isto xa o anunciou en outubro do ano pasado, hai oito meses e, a día de hoxe, non se coñece ningunha xestión ao respecto agás “falei con este e con aquel de que hai que facer…”, e aí remata a cuestión.
Por non ter, non temos nin solar, nin proxecto básico, nin memoria, nin valoración económica, nin alternativas de financiación dunha obra que é costosa.
Tendo en conta que o clube lle comunicou ao Concello en 2016 os imperativos da Liga Nacional de Fútbol Sala sobre as condicións requeridas aos pavillóns para xogar nas ligas profesionais de fútbol sala, e tendo en conta que a lexislación actual indica que as instalacións deportivas son competencia municipal, o alcalde xa tiña que ter dado pasos, e non un nin dous precisamente. Pero non, levamos dous anos perdidos, se realmente se quere facer un novo pavillón.
O que temos claro é que, sen entrar valorar na idononeidade ou non da infraestrutura, o que si debería ter feito o alcalde é un estudo da instalacións que se pretende, capacidade de espectadores, instalacións a albergar e dotación da mesma, etc. Con iso, habería que ter elaborado xa hai tempo un proxecto básico de execución coa súa memoria económica. De xeito paralelo, mirar que solo dotacional temos en Burela para ubicar a nova instalación deportiva, e xestionar cos propietarios a adquisición do mesmo. Arbitrar dúas ou tres alternativas de financiación e, con toda a documentación que vimos de citar, que non é pouca, reunirse coa Deputación e coa Xunta as veces que faga falla e negociar. Todo o que non sexa así, é unha perda de tempo. Non se pode ir a ningunha administración a falar dun novo pavillón sen ter claro o que se quere e os custes do mesmo.
Pero claro, iso implica traballo e…, buuuuffff, iso é moito pedirlle ao Sr. Llano, acostumado a un ritmo máis pausado, non sexa o demo… Sen ir máis lonxe, para mercar o solo dotacional (o Concello non tén en propiedade ningún solar con este tipo de calificación urbanística, única que legalmente permite a construción dun pavillón) hai que reunirse cos donos, facer ofertas, contraofertas…, en definitiva, levantarse do sillón e moverse.
Por certo, como o clube comunicou o que comunicou en 2016, en boa lóxica nos presupostos municipais de 2017 e nos de 2018 debería haber unha partida presupostaria para a adquisición de solo a tal efecto, pero nanai…, non hai nada. E cando o PP pediu que se fixara unha contía de 80.000 € dentro do Plan Único da Deputación para esa adquisición, Llano e o PSOE votaron en contra. Con que, nestes momentos, non hai partida para mercar os terreos para un novo pavillón, e un novo non se fai no aire (por certo, como seguramente non mirou o PXOM para buscar solo dotacional, aí vai unha suxerencia: o SURB-DO2, entre Camiño Real, Mestre Don Camilo e o edificio 2 do CEIP “Vista Alegre”, solo que conta no PXOM con acceso desde Mestre Don Camilo; nesa bolsa de dotacional hai varios miles de metros cadrados…).
A estas alturas da película, moito nos tememos que non hai nada feito, ou sexa, o compromiso de Llano con este novo pavillón que el mesmo anuncia é 0. Se lle facemos caso á súa rapidez para resolvor o novo plan de tráfico ou o cambio de ubicación do mercado, podemos agardar sentados (aínda que a nosa zona sacra quedará inevitablemente dolorida…).
PD. Sr. Llano, a ampliación do Vista Alegre feita en 2007 deixouna adxudicada o PP en aproximadamente 120.000 €, e o PP foi quen fixo a ampliación anterior e quen colocou a pista de parqué. Seña fiel á historia, non a invente.
GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



