Ribadeo, 3 de maio de 2018. A Concellaría de Cultura organiza a segunda edición do recital Ventos Poéticos que terá lugar mañá, venres, no Teatro ás 20:30 horas. Estará protagonizado por autores de Asturias, Portugal e Galicia. O evento está dirixido por Yolanda Castaño.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “este venres, 4 de maio, vai haber un recital poético no Teatro de Ribadeo. Será a festa da palabra que abre paso ao literario mes de maio. Ás oito e media da tarde, poderemos escoitar os poemas de Xuán Bello, Quique Roxíos, Olga Novo e Elisabete Marques. Imos poder combinar as brisas poéticas que nos chegan dos catro ventos ata esta porta norte nestes días limiar das letras galegas, portuguesas e asturianas”.
O edil ribadense salientou que “como non podía ser menos tamén queremos dar visibilidade á produción literaria que se realiza na comarca eonaviega na variante do galego-asturiano co que de cote convivimos todos os días as persoas que compartimos experiencias cos nosos veciños e veciñas eonaviegos, e tamén cando lles damos acollida na nosa vila e parroquias”.
Graña engadiu que “aproveitando a súa visita a Ribadeo, Olga Novo e Elisabete Marques tamén se van achegar ata o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo en horario escolar. E á tardiña xa nos veremos todos para escoitarmos a Elisabete Marques, Olga Novo, Quique Roxíos e Xuán Bello, no Teatro de Ribadeo, ás oito e media”.
O concelleiro de Cultura lembrou que “esta é xa a súa segunda edición. Hai dous anos tivemos o primeiro recital poético, tamén organizado por Yolanda Castaño, e puidemos intercambiar experiencias entre poetas galegos e madrileños. Nesta ocasión é un encontro Galicia, Portugal e Asturias. Houbo momentos especialmente emotivos nesa primeira edición dos Ventos Poéticos. Poder contemplar en silencio, recoñecido polos propios poetas, escoitar os versos de cada un deles foi marabilloso. Nesta ocasión poderemos volver experimentalo se nos achegamos ao Teatro de Ribadeo este venres, ás oito e media da tarde”.










A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



