Dende o Concello de Mondoñedo nos sumamos a celebrar o día de Europa, neste caso a través da música, coa interpretación do himno de Europa, o himno da Alegría, un dos catro símbolos oficiais da Unión Europea, que este mércores 9 de maio ás 12.00h. na Praza do Concello de Mondoñedo, interpretarán conxuntamente a Escola Municipal de Música de Mondoñedo xunto ao CEIP Álvaro Cunqueiro o IES San Rosendo e o Centro Asistencial San pablo e San lázaro. É necesario que os máis novos coñezan na conmemoración deste día os valores europeos que foron quen de construir todas as nacións do vello continente: dignidade humana, liberdade, democracia, igualdade, Estado de Dereito e respecto polos dereitos humanos. Deste xeito, Mondoñedo e a través da música, queremos amosar o noso lado máis europeísta.
Celebración do día de Europa na Praza do Concello de Mondoñedo o mércores 9 de maio
Celebración do día de Europa na Praza do Concello de Mondoñedo o mércores 9 de maio
Relacionado
-
Con motivo da celebración do Mercado Renacentista, o servizo de recollida de lixo no casco histórico de Viveiro sufre modificacións a partires deste xoves
-
Fin de semana de música e teatro con motivo do segundo aniversario da Taberna Galiana, aproveitando tamen a distinción de Solete Repsol do restaurante
-
Ángela Alcántara Coto, Marcela Pérez-Magdalena Villar, Eduardo Veiga Otero, e Antonio Florín Parlogea, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, recibiron o premio MEGAU 2025