Antes de empezar este escrito dou por feito que a dirección non pasa polos mesmos calvarios que o resto dos contribuíntes.
Fai uns días tiven que asistir as urxencias do Hospital da Costa cun familiar de avanzada idade.
Sobre as cinco da tarde fomos trasladados en ambulancia a dito hospital, sen pasar polo centro de saúde de Ribadeo, polo tanto sen ter sido valorada a situación medica do paciente e polo tanto porque entendo que os técnicos do 061 asíllelo mandaron dende a súa central.
Dende a chegada ao triaxe do hospital ata que a paciente foi mirada polo persoal medico pasaron en torno a dúas horas, tratándose dunha muller de case 90 anos que tiña 39 de febre. Os resultados das probas que os médicos pediron entorno ás sete e media da tarde chegaron sobre a unha da maña; falamos de análises e placas.
Todo este período de espera, o previo a ser atendidos polo persoal médico, tivo lugar nunha camilla no medio do pasillo de urxencias, onde xa había outros mais ou menos sete pacientes dende pícaros a anciáns. Despois de ser mirada a paciente no box a cousa non mellorou, do pasillo pasamos a unha sala de 20 metros cadrados (moi escasos), na que había outras tres persoas maiores en camillas, mais tres ou catro persoas de diferentes idades en cadeiras de rodas, cos respectivos acompañantes de cada un, coa casualidade da vida de que algún dos acompañantes podía ser mais maior que algún dos anciáns enfermos, para os cales solo hai catro cadeiras para sentarse. Paréceme indígnante e inhumano ter que vivir tal situación.
Sobre as dúas da madrugada, soben a paciente á segunda planta, á habitación 233, o rato que queda de noite despois de todas as penitencias descritas tratamos de durmir algo.
Por mala sorte non se puido porque unha persoa que estaba na cama do lado berrou canto puido toda a noite, e o primeiro que pensei e que estaba con moitos dolores.
Ao dia seguinte a persoa seguía no mesmo estado, despois de informarme, dime o persoal de planta que non son dolores, se non que a señora tiña outro tipo de problema os cales ou non se tratan en Burela ou debía de estar sola nunha habitación.
Por todo isto, no mesmo momento de enterarme de tal feito solicito á supervisora de planta o cambio de habitación ou ata que me poñan no pasillo. Parece ser que non había camas libres, eu non vou entrar no traballo de supervisor, pero camas libres había abondas.
Dita señora berraba desquiciantemente, insultando a todo mundo as 24 horas do dia, nesa situación estiven dende o domingo de madrugada ata o mércores sobre as seis da tarde, cando xa me cansei de que a miña nai se asustara con cada berro e eu me din conta de que me estaba poñendo mal, e decidín con moitos decibelios de voz, polo cal pedín e pido desculpas ao persoal sanitario, que me axudaran a pasar a miña ao pasillo xa que a situación era insostible, cousa que me dixeron que non se podía facer, entón pedinlles que me axudaran a baixala ao coche para irme ao Hospital de Lugo.
Parece ser que tampouco se podía, pero cando se deron conta de que estaba disposto a facelo eu solo, e como creo que estaba bastante excitado, viron que ía en serio e pedíronme dez minutos para solucionar o problema.
E así foi tras chegar todos os médicos e enfermeiras que debía haber na planta, en dez minutos a señora estaba nunha habitación sola, como debería de estar segundo nos dixeron dende o primeiro dia; pero iso si, non había supervisora, xa que era pola tarde.
Dende aquí quero agradecer a todo o persoal da planta, que non solo solucionaron o problema, se non que ao tempo que o sufrimos miña nai e mais eu axudáronnos a levalo mellor.
Seria bo que a dirección do Hospital nomeara unha persoa para que dende urxencias ata as plantas pasase polo Hospital vendo o que sucede nel (non fai falta que sexa unha enchufada política) so que teña sensibilidade social.
Porque a dirección non se entera nin de enfermos, nin sans, por culpa dos ByPass de xefes.
Se esta denuncia serve para mellorar e humanizar un pouco o Hospital, doume por satisfeito. Se serve ou non seguro que ei podelo comprobar porque por sorte ou desgraza teño moitos números para volver.
Finalizo xa coa reflexión mas lóxica: non é normal que para conseguir algo cívico e de sentido común, haxa que poñerse incívico, porque o que non se quixo facer en catro dias, nos que tivemos unha paciencia que non adoito ter, fíxose en dez minutos pola decisión do persoal de planta e non da dirección nin da supervisión. E non vaia ser que coa ampliación do Hospital os problemas deste tipo aumenten en vez de mellorar e haxa o mesmo número de persoal sanitario para o dobre de pacientes, e que solo aumenten os aparcamentos porque cobraran por eles.
Suso Villalba























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



