Ribadeo, 16 de maio de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, amosa a preocupación que produce o escaso poder ou capacidade “que temos dende o Concello na xestión do areal das Catedrais”. E agarda que o Plan Especial de Protección desta praia poña fin a moitos dos problemas actuais que está a sufrir ese monumento natural. Estas declaracións prodúcense tras a xuntanza mantida esta mañá en Lugo e na que a Xunta lle solicitou a Costas o peche cautelar das furnas, arcos e corredores das Catedrais como medida de seguridade provisional.
O rexedor acaba de explicar que “na mañá deste mércores, 16 de maio, de 2018 acudín a unha xuntanza en Lugo convocada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, na que tamén estivo representado o Ministerio de Medio Ambiente. Na mesma déronsenos a coñecer as primeiras conclusións do estudo xeolóxico-xeotécnico que por encargo da Xunta se está a desenvolver na praia de As Catedrais co fin de mellorar a seguridade deste espazo natural protexido”.
O alcalde relatou que “a principal conclusión dos traballos executados ata a data de hoxe no areal de As Catedrais, como así nos comunicou a Xunta, estima que as covas, furnas, os arcos litorais e os corredores en túnel terían que ser pechadas ao público, á espera de que o estudo estea máis avanzado. Consecuentemente, a medida tomada pola Consellería de Medio Ambiente, como xestora deste espazo, foi a de solicitarlle formalmente no día de hoxe ao Ministerio de Medio Ambiente que prohiba provisionalmente este acceso a covas, furnas, arcos litorais e corredores, como organismo competente en costas que é”.
Para Suárez Barcia “compre subliñar que, ao igual que ocorre coas anteriores medidas tomadas pola Xunta de Galicia tralo tráxico suceso ocorrido na pasada Semana Santa no Monumento Natural de As Catedrais, esta prohibición tería carácter provisional. Ademais, trasladóusenos que a previsión é ter este estudo finalizado para o próximo mes de outubro, momento no que esperamos xa se podan tomar medidas a máis longo prazo, todo isto encamiñado a que a visita a este espazo natural protexido sexa o máis segura posible”.
O rexedor engadiu: “despois desta xuntanza celebrada no día de hoxe, quero manifestar que desde o Concello de Ribadeo estamos esperanzados vista a preocupación que están a mostrar tanto a administración autonómica como estatal coa problemática da seguridade nas Catedrais. Vanse dando pequenos pasos, pero firmes. Aínda queda por ver como se vai actuar na tempada alta, no verán. Por suposto, estarase ao que o estudo xeolóxico-xeotécnico vaia requirindo para a xestión de As Catedrais. Dende logo, o Concello de Ribadeo, como fai tódolos veráns, disporá socorristas e sanitarios neste espazo durante a tempada estival”.
Fernando Suárez dixo que “seguiremos mantendo xuntanzas entre as tres administracións e o Concello de Ribadeo, como sempre fixo, estará predisposto para, dentro das nosas posibilidades competenciais, colaborar en todo o que estea ao noso alcance”.
O alcalde indicou que “non obstante, tamén queremos amosar a preocupación que produce o escaso poder, capacidade máis ben, que temos dende o Concello na xestión do areal de As Catedrais. Vai sendo cada vez máis habitual que a lexislación tanto estatal como autonómica lle cargue responsabilidades aos municipios á vez que lle reduce os recursos. Non sería xusto que pague o pato o máis pequeno e se abandone á súa sorte ao Concello de Ribadeo que non ten nin competencias, nin recursos para xestionar un espazo natural protexido como As Catedrais, segundo lugar máis visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago de Compostela”.
E lembrou: “levamos anos advertindo da problemática existente na xestión deste areal, polo que entre todas as administracións implicadas debemos traballar para poñerlle solución. Por tanto, desde o Concello de Ribadeo aportaremos todo canto podamos, de feito estamos á espera da aprobación definitiva do Plan Especial de Protección das Catedrais en canto recibamos os últimos informes preceptivos pendentes doutras administracións, o que de seguro suporá un paso de xigante na xestión do espazo adxacente de 54 hectáreas e que, sen dúbida, solucionará moitos dos actuais problemas”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



