Os camiñantes saíron ás 10.00 h dende o Local social de Trasbar. Logo de selar as súas credenciais e recoller a Ventura e o lirio para ofrecer ao Santo, gozaron da sesión vermú á que se uniu o resto de inscritos que se acercaron nos seus coches para máis tarde compartir todos xuntos un xantar nas inmediacións da igrexa. Por sorte, o bo tempo acompañou ao longo de toda a xornada que esperan repetir en vindeiros anos. A próxima cita organizada será o San Xoán o sábado 23 de xuño a partir das 19.00h.
Peregrinación organizada pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar ao San Antonio da Regueira, o 13 de xuño.