A andaina será dunhos 4,5 km, pola Senda Costeira de Xove (Camiño Natural do Cantabrico), visitando lugares tan espectaculares como: “Coto da Vela”, onde está soterrado un dos castros costeiros mais grandes de toda A Mariña, nunha altura de cerca de 160 m. casi verticais o mar, “Illa de Sarón” a segunda illa máis grande da comarca, moi preto da costa, e berce de toda clase de aves mariñas. Os camiñantes deberán ir provistos de frontal de luz ou linterna, unha pequena asterilla ou toalla para tumbarse no chan e contemplar as estrelas, roupa de abrigo por si refresca á noite, un pequeno tentempé, ir dispostos a gozar desta noite maxica, e ir pensando un desexo, para ver se se cumpre… Todos os camiñantes que vaian por primeira vez, deberán cubrir unha ficha de inscrición, pois facerase un seguro de accidente para cada un. Máis info: 618 97 61 59
