Quero pensar que foi un exceso de micro, un quentón do momento, pero sei que non. Por desgraza é a liña de traballo do Sr. Caballero, un populismo chic misturado con unha alta dose de localismo. Debe ser obriga do Alcalde de Vigo, para xustificar o salario actuar de teloneiro nas festas e actos varios do Concello, sempre ben recollido en vídeo e sempre ben publicitado, todo pensado e todo rematado co mesmo mantra de “Viva Vigo, a mellor cidade do mundo” non pasa de ser anecdótico e algo cómico, pero cada quen pasa a historia como lle peta.
Mais recentemente, estes días, nun posible quentón, o Alcalde de Alcaldes, Presidente da FEMP facía un anuncio preocupante polo contido e triste polo mensaxe. Viña a decir que só os vigueses, no 2019, terán acceso ó recinto de pago de Castrelos nos concertos. Folga decir que isto é de todo anticonstitucional, esa mesma constitución que este alcalde ensalza e predica nos medios cando quere. Tamén cómpre aclarar a este show man da política que o resto do mundo tamén traballa e que as cidades precisamente viven en boa parte das achegas da xente que as visitan. Na súa rancia forma de potenciar a súa imaxe, con un localismo de libro, que deixa a Paco Vázquez como un parvo. O único que fai a longo prazo e danar a imaxe da Cidade Olívica, que como porto de mar sempre foi de acollida e de bo trato á xente que se achega.
Axitar constantemente a bandeira da demagoxia e a bandeira do localismo soe ser perigoso, e a mostra é que Caballero, no seu mesmo partido, non ten influenza fora de Vigo, leva xa tres primarias perdidas, por algo será. O que o PSOE ten que valorar é se este é o mensaxe que quere para o Presidente da FEMP, na miña humilde opinión debe ser destituído e propoñer un representante con maior capacidade de inclusión xa que representa a todos os mandatarios locais do Estado. Probas da súa nefasta xestión localista xa as teñen con sentencia incluída contra o Pass Vigo.
Vigo é o que sempre foi, unha cidade na que ninguén é estranxeiro, un porto que sempre trata ben a xente, unha fermosa cidade atlántica con forte identidade que se é axitada na dirección non axeitada pode producir a longo prazo un dano irreparable, para Vigo e para Galicia. É preciso para ser bo rexedor estar en grella sempre cos Concellos veciños? Incluso coa veciña cidade de Porto? ou pola contra un rexedor listo e moderno aproveitaría a sinerxías?
Non precisamos máis populistas, temos de abondo, espero que soamente fose un quentón provocado pola masa e o micro. Pero tamén pode ser un resentimento, dun político que cando optou a dirixir Galicia tivo o peor resultado da historia do seu partido, ás veces o resentimento é un motor importante. Quen sabe.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



