Mondoñedo, 19 de setembro de 2018.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, recibiu onte a un grupo de mozos e mozas que participaron nunha ruta guiada á Cova do Rei Cintolo entre os que se atopaba a visitante número 12.000 dende que comezaron as visitas guiadas á cavidade. Por ese motivo, a rexedora local fixo entrega dun diploma acreditativo e convidou a Lidia Riobó a coñecer a cova máis extensa de Galicia de xeito gratuíto.
O Goberno local destaca que “no presente ano 2018 se están superando todas as cifras de visitas á cova rexistradas nos anos anteriores”. De feito, as cifras de mediados de setembro amosan un incremento do 5% sobre o final de setembro do ano pasado. Igualmente, o mes de agosto pechouse cun incremento do número de visitantes por riba do 35% con respecto ao ano 2017.
Agora mesmo xa se supera nun 2% as cifras do peche de campaña do ano 2017 que, á súa vez, rexistraba as mellores cifras ata a actualidade dende que no ano 2009 se puxeran en marcha as visitas de xeito ininterrompido a pesar de que a primeira experiencia data do 2006.
Compromiso do Goberno local coa Cova do Rei Cintolo
Estes datos poñen de manifesto “o traballo de promoción levado a cabo dende o Concello”. Pero, ao traballo no eido da promoción das potencialidades turísticas do municipio hai que engadir os investimentos realizados para mellorar os accesos á propia Cova do Rei Cintolo a través da instalación dunha pasarela de madeira.
Visitas á Cova do Rei Cintolo
Calquera persoa maior de 12 anos sen lesións ou problemas cardiorrespiratorios interesada en visitar estas cavidades pode informarse na oficina de turismo a través do teléfono 982 50 71 77. O prezo da visita guiada dunha duración estimada de hora e cuarto e que inclúe o equipamento necesario -casco, luvas, mono…- é de 15 euros.
Ata finais de setembro será posible visitar a Cova do Rei Cintolo de luns a domingo en grupos reducidos ás doce do mediodía, ás cinco da tarde ou ás seis e media da tarde. Eses mesmos horarios manteranse as fins de semana, pontes e festivos do mes de outubro. Xa nos meses de novembro e ata mediados de decembro as visitas celebraranse as fins de semana, pontes e festivos en grupos que poderán acceder á cavidade ás doce do mediodía ou ás cinco da tarde.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



