O sábado pasado alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo participarou nunha visita guiada á Cova do Rei Cintolo, actividade organizada pola Asociación de pais e nais do centro. Organizados en dous grupos disfrutaron das espectaculares formacións xeolóxicas que a auga foi creando na pedra caliza, así como das salas da considerada a cova máis grande de Galicia. A Anpa agradece ao Concello de Mondoñedo a súa colaboración, xa que a actividade non supuxo custe algún para os nenos e pais e tamén ao estupendo guía que explicou todo dunha maneira tan profesional.
O alumnado do IES San Rosendo visita a Cova do Rei Cintolo
O alumnado do IES San Rosendo visita a Cova do Rei Cintolo
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido