O voceiro, Antonio Riveira, é crítico coa tramitación porque “coa aprobación sen consulta previa obriga aos veciños a alegar e presentar recursos para corrixir o inventario co conseguinte gasto e redución de fases de alegacións”
Xermade, 19 de maio de 2024. O PP de Xermade cre que os veciños e veciñas deben ter a maior información e coñecemento posible sobre o inventario de camiños municipais e por iso pide ao goberno local que expoña o documento e os planos polas distintas parroquias e que ofreza información a aqueles veciños e veciñas que desexen presentar alegacións no Concello.
O portavoz popular, Antonio Riveira, explica que “no BOP deste sábado anúnciase que a partir do luns estará en fase de información pública o inventario municipal de camiños do Concello de Xermade, ao que se poderán presentar alegacións durante un período de 30 días hábiles”. O inventario foi aprobado inicialmente no Pleno o pasado luns 13 de maio cos votos a favor do PSOE e en contra dos concelleiros do Partido Popular “por terse tramitado con escasa publicidade e sen consulta pública aos veciños e veciñas”.
Tras unha primeira análise do documento, os populares indican que “se poden apreciar numerosos erros, omisións e, sobre todo, catalogacións como municipais de camiños sobre terreos que poden ser considerados como servidumes. En todo caso, deben ser analizados e debatidos para concluír a súa inclusión con criterios obxectivos e non variables”, indica o portavoz.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular cremos que “o inventario é necesario -e que debe ser presentado e aprobado nun prazo de tempo razoable- porque supón unha seguridade xurídica para os administrados e permite ao Concello unha mellor planificación das actuacións de conservación, defensa e mellora das vías municipais. Pero debe ser realizado de forma participativa, con información e con criterios obxectivos e xustificados para cada trazado”.
Riveira expón que “fomos moi críticos con esta tramitación porque entendemos que “debera ser exposto e amosado aos veciños, por parroquias, antes da súa aprobación inicial, para poder consultar e corrixir erros no documento. Coa aprobación sen consulta previa obriga aos veciños a alegar e presentar recursos para corrixir o inventario co conseguinte gasto e redución de fases de alegacións”, engade.
CONTRATACIÓN SEN PUBLICIDADE
Antonio Riveira lembra que “o equipo de goberno socialista xa presentara un inventario de camiños municipais no ano 2017 que fora aprobado inicialmente cun montón de erros e que, finalmente, foi suspendido pola cantidade de alegacións presentadas”.
Os populares dirixiron as súas críticas por aquel entón e agora tamén advirten de que “este inventario foi encargado directamente, sen sacar a contratación a concurso público, e cun custo de preto de 18.000 euros para as arcas municipais”.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



