Mondoñedo, 12 de febreiro de 2019. A Federación Galega de Atletismo e o Concello de Mondoñedo chegaron a un convenio de colaboración para establecer unha Oficina de Traballo da Federación Galega de Atletismo na comarca da Mariña que abrangue 16 Concellos do norte da provincia de Lugo.
O Concello de Mondoñedo cede un local social en dependencias municipais á vez que, de
mutuo acordo entre ambas as partes, acordase nomear a Raúl Redondo González Ares,
responsable técnico da Oficina de Traballo que dependerá da Delegación en Lugo da
Federación Galega de Atletismo. Na tarde de onte asinaríase o acordo, estando presentes a Alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia, o Tenente Alcalde e responsable de Deportes Manuel Tapia, e o novo responsable técnico da Oficina Raúl Redondo. Por parte da Federación Galega asistiría o seu Presidente Isidoro Hornillos, o Vicepresidente de Relacións Institucionais, Jesús Vázquez e o Delegado da FGA en Lugo, José Pena.
A raíz deste acordo, abriranse varias vías de traballo para desenvolver dun xeito progresivo o tecido atlético na Mariña onde xa no día de onte, manterianse xuntanzas de traballo en Lourenzá e Burela.
Tras o asinado do convenio, o presidente da Federación Galega manifestaría a súa
satisfacción polo acordo “ vai contribuír de maneira moi decisiva a dinamizar a zona norte de Lugo con novas competicións e a posibilitar a creación de tecido atlético ca creación de novos clubs”. Entre os obxectivos tamén se inclúe a dinamización da zona sur da provincia lucense.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
