Ribadeo, 25 de marzo de 2019. O Concello ven de solicitar unha subvención de 40.000 euros á Xunta de Galicia para proceder á renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros. O investimento total ascenderá a 100.000 euros, dos que o Concello aportará de fondos propios 60.000.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, explicou que “esta rúa é moi importante porque é un acceso ao centro de Ribadeo desde as parroquias do interior, que acaba entrando o tráfico que ven delas principalmente por esta rúa Pintor Fierros e tamén comunica coa avenida de Galicia, que é unha das arterias principais da vila. Ao mesmo tempo nesta rúa ubícase a piscina municipal de Ribadeo e tamén está moi próximo o campo municipal de fútbol”.
O rexedor dixo que “agora, nestes últimos anos, hai que ter en conta que o pavimento de rego asfáltico está moi deteriorado polo paso do tempo, e tamén porque novos servizos como gas, telecomunicacións, saneamento, etc…, provocaron baches e é polo que se fai necesario renovar o pavimento na súa integridade por outro novo de aglomerado asfáltico, cun proxecto que, o técnico municipal, establece en 100.000 euros con ive incluído”.
Suárez Barcia contou que “para esta obra acabamos de pedir, hai uns días, unha subvención á Xunta de Galicia, dentro dunha orde de convocatoria para a mellora de infraestruturas por importe de 40.000 euros. Pedímoslle á Xunta de Galicia que nos dea o 40%, sabendo que o 60% o pon o Concello de fondos propios”.
O alcalde agarda que “a Xunta non teña reparo, a ver se é verdade e a ver se é así e nos da esta pequena achega, pero que sería importante para poder levar adiante canto antes as obras de renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



