O pasado domingo, día 31 de marzo, continuando coa serie de presentacións ó longo da Mariña, presentouse tamén a novela “A fuxida”, de Pepe Peinó, no concello de A Pontenova. O acto, que tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura, estivo organizado pola Asociación de Mulleres Rurais da Pontenova e presidido pola Concelleira de Cultura, Isabel Couto. No acto actuou a cantante local Ariadna, que estivo acompañada á guitarra por Miguel.
