Ribadeo, 20 de maio de 2019. Un total de 11 tapas, das 45 que participaron no XIV Ribadeo de Tapeo, se presentaron a concurso. O xurado profesional deu a coñecer a súa decisión hai uns minutos. O primeiro premio desta edición foi para El Oviedo con Rillete de raia e botarga, licuado de chícaros, tubérculos e oblea de castañas, o segundo premio correspondeulle a O Piano con O que quedou da Calafete e o terceiro premio recaeu no Marinero con Días de feira. O premio á tapa de Ribadeo foi para Texturas Galegas con Lareira do mar.
O xurado do XIV Ribadeo de Tapeo estivo composto por Bruno Lombán do restaurante Quince Nudos, de Ribadesella, vinculado familiarmente con Ribadeo; Álvaro Villasante, chef do restaurante Paprika de Lugo; Maricha Bermúdez, alma máter do restaurante La Taberna de Rotilio, de Sanxenxo; Toñi Vicente, unha muller referente na cociña galega e unha das primeiras estrelas Michelín e dous profesionais da hostalería, que levan varios anos colaborando co Ribadeo de Tapeo: Miguel Ángel Sánchez e Ana Martínez.
Pendentes quedan as mellores tapa e barra que elixe o público que acudiu ao Ribadeo de Tapeo. Ese resultado será escrutado en base ás diferentes urnas que se foron deixando nos bares e onde os participantes foron depositando o seu voto para decidir cal é mellor tapa e a barra que máis gustou pola súa decoración.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



