Ribadeo, 20 de maio de 2019. O vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, apoiou a candidatura do popular Daniel Vega á Alcaldía de Ribadeo nunha xuntanza celebrada esta tarde na parroquia ribadense de A Devesa.
Daniel Vega destacou a colaboración do departamento autonómico que dirixe Alfonso Rueda con entidades asociativas das parroquias ribadenses para a mellora de instalacións e inmobles; e puxo como exemplos as actuacións levadas a cabo no propio local do Círculo Habanero de A Devesa, onde se celebrou esta reunión, e na Rochela, en Cedofeita, en Couxela e na vila ribadense, porque destas axudas beneficiáronse tamén colectivos como as asociacións de amas de casa e de mulleres rurais.
O alcaldable do Partido Popular de Ribadeo agradeceu o apoio de Alfonso Rueda e salientou a “predisposición da Xunta para seguir colaborando con Ribadeo e continuar investindo no noso municipio” e aposta por “abandonar a confrontación do Concello coas demais administracións, situación que é consecuencia do ego de Fernando Suárez”.