Burela 10-5-19. O candidato de Ciudadanos á alcaldía de Burela, Manuel Vicente González, comezou unha rolda de reunións con asociacións e colectivos da localidade para coñecer de primeira man as súas propostas e unha vez estudadas e valoradas, incluílas no programa electoral.
Ciudadanos Burela atópase inmerso na tarefa de escoitar e atender a todas as asociacións e colectivos do municipio para recoller aquelas propostas que se consideren máis interesantes e que merezan ser defendidas no programa electoral que se ofrecerá a todos os veciños de Burela para conseguir o seu respaldo nas próximas eleccións municipais que terán lugar o próximo 26 de maio.
Segundo avanzou o candidato á alcaldía, afiliados e simpatizantes de C’ s, pero tamén todos os veciños que o desexen, están chamados a colaborar na tarefa de facer entre todos un programa que traia futuro para Burela. “toda achega é sempre benvida” salientou o lider de Cs local.
Neste sentido Vicente González sinalou que a tónica xeral das reunións mantidas ata a data foi de gran cordialidade “e en todos os casos, os meus interlocutores coincidiron en queixarse da nula xestión que levou a cabo o Goberno socialista do señor Llano nestes catro anos” recalcou.
O obxectivo da candidatura que encabeza Manuel Vicente é facer entre todos un programa electoral que reflicta as inquietudes da gran maioría de burelenses e que capitalizados por Cidadanos permita conseguir un gran futuro para o municipio.