Foz, 8 de maio de 2019. O Partido Popular de Foz celebrará esta tarde a presentación da súa candidatura para próximas eleccións municipais do día 26. O acto dará comezo ás 20:30 horas e terá lugar na praza de confluencia entre a Avenida da Mariña e a rúa Álvaro Cunqueiro. Será un acto aberto ao público, moderno, con música e cunha breve intervención do candidato á reelección como alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.
Javier Castiñeira explica que “é unha candidatura compensada entre a experiencia dos membros do actual grupo municipal de goberno do Concello de Foz, máis a renovación con persoas para as que será a súa primeira experiencia política, entre elas os cinco independentes que van tratar de abrir o espectro político da candidatura, centrado especialmente nas persoas de Foz e das súas parroquias. Somos en total 18 veciños do municipio de Foz, 9 mulleres e 9 homes, cun proxecto común, integrador e plural, avalado pola xestión destes oito últimos anos de goberno, pero con novas ideas e intentando mellorar o proxecto xa feito. Ademais de Pedro Manín, que irá de número 2; Antonio Hermida, de número 4; e Ánxel Paleo, de número 7; únense cinco independentes, que xa foron presentados. Trátase de Laura Riveira, que vai de número 3; Conchi López. de número 6; Iago Rivas, de número 11; Rocío Basanta, de número 13; e Miguel Gómez, de número 14. Serán novidade tamén Verónica Soto, de número 5 por Foz; Juan Rivas, tamén por Foz, de número 8; Roberto Fernández, representando a Novas Xeracións, de número 9; Loli López, por San Martiño, de número 10; Elena Estoa, de número 12, por San Acisclo; Rebeca Meira, de número 15, por Foz; Víctor Martínez, de número 16, reforzando Santa Cilla; Mari Fe López, de número 17, por Foz; e Fernanda Pérez, de 18, reserva, tamén por Foz. É unha candidatura aberta e moi representativa do que é o noso concello, de homes e mulleres con moita ilusión que seguramente aportarán moitísimo nestes próximos catro anos”.
Sobre o acto desta tarde Castiñeira comenta que “será nunha praza do centro urbano recentemente remodelado, que é significativo precisamente porque se parece ao que nosoutros queremos do Partido Popular, esa renovación. Será un acto aberto, moderno, con música, onde se fará unha foto de grupo e onde se pronunciarán unhas palabras explicando os motivos desta candidatura que chega con moitísima ilusión e ganas de seguir mellorando Foz”.