Ribadeo 9-5-19. 10-11 de maio. Teatro de Ribadeo
RELATORIO: A primeira acollida das vítimas de violencia de xénero
LUÍSA VELASCO, psicóloga e ex inspectora da Policía Local
A súa experiencia profesional desenvolveuse durante 32 años (1985-2017) na Policía, sendo o seu último cargo o de Inspectora.
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca, conta con Master en malos tratos e violencia de xénero además de en psicoloxía xeral sanitaria. A súa tese de doutoramento versou sobre “ Diseño y evaluación de un programa de prevención de la violencia de género en parejas adolescentes y jóvenes”.
Ten publicado diversos libros e manuais, entre outros os máis recentes son:
Violencia de género y doméstica. Guía para Fuerzas y Cuerpos de Seguridad. Valladolid:
Libertas Ediciones.
Violencia de Género. Manual práctico para detectarla y afrontarla. Rompe tu silencio.
Libertas Ediciones. Valladolid. 2ª Edición revisada.
Guía para chicos y chicas. Todo lo que tenemos que saber sobre la violencia de género.
Edición especial Consejería de Melilla. Valladolid: Libertas Ediciones.
A súa traxectoria profesional sempre estivo dirixida á loita contra a violencia de xénero. Non só adquirindo formación, e creando e dirxindo o equipo do Servizo de Atención á Muller e ao Menor, senón formando a profesionais de diferentes áreas. É membra do Grupo de Traballo da comisión contra a violencia de xénero do Sistema Nacional de Saúde “Aspectos Éticos e Legais” dirixido polo Observatorio de Saúde das mulleres onde colabora na creación de diferentes protocolos, como profesional externa e como formadora. Tamén colabora co Colexio Oficial de Psicoloxía e como membra da Comisión Deontolóxica e de outras comisións.
RELATORIO: Por un envellecemento saúdabel e sen violencia
MARIQUETA VÁZQUEZ ALBERTINO, enfermeira e presidenta da Asociación de mulleres para un envellecemento saúdabel ( AMES)
Enfermeira, Licenciada en Historia Antigua.
Ten unha filla e un fillo, un neto e catro netas (do que se sinte moi orgullosa).
Ao longo de 20 años tivo responsabilidades políticas sendo Concelleira no Concello de Collado Villalba (1979/1999)
Formou parte da Primeira Comisión da Muller da Federeación española de Municipios e provincias (FEMP ) e da Federación de Municipios de Madrid ( FMM.)
Vicepresidenta do Consello da Muller da Comunidade Autónoma de Madrid
Secretaria Xeral de CELEM
Fundadora da Asociación de Mujeres por un Envejecimiento Saludable (AMES)
Secretaria Federal De Mujeres da UPJP de UGT e representante na FERPA en Bruselas .
Sempre traballando no tema das Mulleres, no sindicato, na política e tecido asociativo, hoxe en Mulleres Maiores que quedaron fora da Axenda Feminista.Hoxe no Consello Sectorial do Concello de Madrid en novas formas de Habitabilidade para as persoas maiores e no Consello das Mulleres de Madrid reivindicando os dereitos das Mulleres Maiores.
RELATORIO: Nós tamén navegar: desaprendendo o sexismo desde as aulas
SONIA FERNÁNDEZ CASAL,experta en xénero e profesora de Matemáticas no IES Plu Fontexería ( Muros)
Licenciada en Matemáticas pola USC. Máster en Xénero e Políticas de Igualdade (dirixido por Rosa Cobo), pola UdC.Ex- responsable da Secretaría da Muller do STEG ( Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza),e da Organización de Mujeres de STEs ( a nicel estatal).
Responsable de Igualdade do IES Plurilingüe Fontexería, de Muros. O centro ten recibido o III Premio Plan Proxecta, da Conserllaría de Educación, polo proxecto “Desaprendendo o sexismo desde as aulas”, e o Premio Concepción Arenal, da Deputación da Coruña, polo proxecto “Nós tamén navegar”.
Como membra do Secretariado de Nova Escola Galega, tamén colaboro na actualidade na coordinación de proxectos coeducativos con centros educativos do concello de Ames.
RELATORIO: A violencia machista institucional
IRIA VÁZQUEZ SILVA, socióloga experta en xénero
Iria Vázquez Silva é doutora en socioloxía e especializouse en estudos de xénero pola Universitat Autònoma de Barcelona e pola Universidade de Vigo.
Na actualidade, realiza traballos de investigación desde unha perspectiva de xénero para distintas universidades e ONG´s.
Ademáis do ámbito académico, traballou tres anos na asociación Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo, onde realizaba acompañamentos a policía, aos xulgados, etc. con mulleres en situación de violencia.
No eido da violencia de xénero participou en 2016 nunha diagnose sobre a atención a mulleres vítimas na cidade da Coruña, dirixido por Rosa Cobo, da Universidade da Coruña.
Desde 2017 e ate a actualidade colabora tamén nun grupo de traballo denominado “Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero”; un grupo interdisciplinar da Universidade de Vigo.
RELATORIO : Ningunha medalla vale máis que a saúde e a integridade dunha persoa”
GLORIA VISERAS, ex ximnasta e fundadora da organización “Oro, prata e bronce sen violencia cara o deportista”
Membro do equipo nacional de Ximnasia artística entre os anos 1978 e 1980 – Subcampioa nacional absoluta en 1978 e 79. Con 15 anos, campioa nacional absoluta e unha das únicas 9 mulleres que representó a España nos Xogos Olímpicos de Moscú en 1980.
Supervivinte de abusos sexuais continuados por parte do seu entrenador no entorno do equipo nacional español de ximnasia desde os 12 até os 15 anos.
Licenciada Cum Laude en Comunicación e Filoloxía Inglesa na Universidade HBU de Houston, Tx, en Estados Unidos. Conferenciante e activista por un deporte sano, seguro e protector do deportista.
Desde a súa denuncia, convertiuse en referente español na loita contra a violencia, acoso e abuso que sufren nenas, nenos, e as mozxs adultos en entornos deportivos. Colabora co Consello de Europa, a Comisión Europea e o Consello Superior de Deportes en proxectos de concienciación sobre a lacra dos abusos no deporte e para a creación de entornos protectores que aseguren o respeto dos dereitos da infancia no deporte. Directora e Coordinadora do Proxecto Internacional Erasmus+ “i-Protect in Sport” no que el participan como socios O Consello Superior de Deportes de España, o Ministerio de Deportes de Francia, o Ministerio de Deportes de Luxemburgo, a organización Safe Sport International, a Universidade Thomas More de Bélgica e a organización CEIPES de Italia.
Presidenta da organización sen ánimo de lucro, Oro, Plata e Bronce, adicada á protección dx deportista e á creación de espazos libre de violencia para nenxs e mozxs adultos no deporte.
Proxección e debate do documental “ Benvidas ao club” sobre a operación Carioca.
CARMEN P.G GRANXEIRO, creativa visual, audiovisual, ilustración, deseño gráfico e fotografía.
Cursou o bacharelato de Artes en Lugo, na Universidade de León o título propio de “Cinematografía e Artes Visuales”, as diplomaturas en “Realización e Guión Cinematográficos” e en “ Dirección y Guión Cinematográfico” no Centre d´Estudis Cinematogràfics de Catalunya e máis o ciclo de “Producción de Audiovisuales e Espectáculos” na Escola de de Imaxe e Son da Coruña.
Traballa con artistas plásticos en Berlín, comenza a participar de experiencias colectivas artísticas en Nueva Orleáns, autopublica unha novela corta de xuventude vivindo cerca de Lisboa e actualmente reside en Lugo onde experimenta co deseño gráfico, a ilustración, a fotografía e o videoarte, dentro do cal “Etiquétame” é finalista ao Premio Nacional de Videoarte de Canal+ en 2014. No ámbito documental destacan “1948-2016” activismo queer autobiográfico, “Atenas. Meeting Point” arredor do movemento cidadá organizado en Atenas na crise dxs refugiadxs ou o recente premio no Festival de Málaga por “Benvidas ao club”.
RELATORIO. “ Antixitanismo patriarcal”
SILVIA AGÜERO FERNÁNDEZ, activista feminista
Naceu en Vallekas. Ten 33 años. Adícase a criar as súas fillas, ás tarefas do fogar, a coidar a súa famila. Entre tanto, e como o personal é político, o seu activismo é feminista e xitano. Comprende o feminismo desde a xitanidade, desde a mestizaxe, desde as tetas cheas de leite e as nenas pegadas a elas, comprende o feminismo desde as súas tías e primas. Vai a praia, co moño. O marido, e 4 chavorrillos, aos hospitais e supermercados tamén.
Loita contra a violencia obstétrica por medio de súa participación na campaña internacional“La Revolución de las Rosas” e, en concreto, contra a violencia etnoobstétrica antixitana para o cal xestiono “La Revolución de las Rosas Romaní”; loito contra o patriarcado, contra o antixitanismo e contra o racismo a través da creación dunha contranarrativa que vai plasmando no blogue “Pretendemos Gitanizar el Mundo”.
Na actualidade colabora na revista Pikara Magazine e de calquer movemento antirracista, sobre todo feminista e xitano.