Ribadeo, 20 de setembro de 2019. O vindeiro martes, 24 de setembro, terá lugar un pleno ordinario no Concello de Ribadeo. Na sesión abordaranse cuestións como o III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres, a solicitude á Xunta para que declare BIC (Ben de Interese Cultural) ao galeón afundido na ría no ano 1597 e tamén a conta xeral de 2018.
O alcalde, Fernando Suárez, referiuse hoxe “ a algúns dos puntos importantes que irán a debate e a aprobación no pleno ordinario o martes que vén. O primeiro deles será a proposta do terceiro Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Ribadeo para o período 2019-2022. Precisamente nestes momentos é cando as administracións públicas, no ámbito das nosas competencias, debemos facer todo o posible para lograr unha igualdade real entre homes e mulleres, de aí este terceiro plan que vamos aprobar”.
O rexedor explicou que “seguidamente levaremos unha proposta de declaración de Ben de Interese Cultural para o galeón de Ribadeo, o San Giacomo di Galizia, que está afundido desde o ano 1597 no fondo da ría de Ribadeo, que por casualidade nuns traballos de extracción de lodos foi descuberto hai moi poucos anos, pero segundo os estudos que se levan realizando nestes últimos tempos hai unha información arqueolóxica de primeira magnitude e relevancia internacional. O organismo que ten a competencia para declarar Ben de Interese Cultural é a Xunta de Galicia, polo tanto desde a Corporación Municipal de Ribadeo queremos institucionalmente convidalos a que inicien os trámites para a declaración como BIC para a súa protección, a súa prospección, o seu estudo e o que se determine por parte dos técnicos cualificados: arqueólogos, historiadores, etcétera. Isto non vai contra ninguén, só pretende protexer, valorar e difundir ese patrimonio importantísimo que temos mergullado na ría de Ribadeo”.
Suárez Barcia engadiu que “outro dos puntos é a aprobación da conta xeral do exercicio do ano 2018. É un documento puramente técnico que recolle a contabilidade anual do Concello e que debe ser aprobado cada ano para remitir ao Tribunal de Contas e ao Consello de Contas. Un compoñente fundamental nesta conta é o estado de liquidación do orzamento, do que se deduce, segundo a liña dos últimos anos, unha boa saúde económica do Concello nestes termos económico financeiros. O porcentaxe de débeda bancaria e comercial é bastante baixo, cun remanente de tesourería importante e cun aforro neto positivo que non nos dá para tirar foguetes pero si para seguir facendo actuacións dignas que melloren a vida dos nosos paisanos e das nosas paisanas tanto na vila como nas parroquias”.
A sesión plenaria dará comezo ás 20:30 horas.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



