Lugo, 20 de setembro, 2019. Os deputados no Congreso e os senadores por Lugo fixeron balance da lexislatura que vén de rematar, así como das iniciativas que presentaron nas respectivas Cámaras co fin de que o Executivo do Estado cumprise cada un dos compromisos asumidos coa provincia. Deste xeito, tanto Jaime De Olano, como José Manuel Barreiro, acompañados de Joaquín García Díez, de Rosa Arza e de Antonio Ameijide, criticaron que os proxectos que dependen do Goberno Central –autovías, construción da comisaría de Policía, alta velocidade e o mantemento de empresas como Alcoa-, seguirán nunha “absoluta parálise” debido a que Pedro Sánchez non foi capaz de formar goberno; o que conleva a que os españois acudan ás urnas o vindeiro 10 de novembro.
Así o indicou Olano, cando afirmou que “la situación general es obra y gracia del Sr. Sánchez. Él es el único responsable de haber paralizado el país desde el 28 de abril. Quería una segunda vuelta y lo ha conseguido. Desde el mes de abril no ha hecho absolutamente nada. Solo se debe a él y sólo a él, y no al conjunto de los españoles. Ha demostrado su incapacidad para pactar absolutamente con nadie, mientras el PP lo ha hecho en otros territorios con 10 fuerzas políticas”.
Esta realidade é a desencadeante dos datos económicos negativos e da inestabilidade que se atisba no país. “Esto al Sr. Sánchez no le quita el sueño, pero si se lo quita quién le va acompañar en el Consejo de Ministros, por ejemplo”, denunciou Olano.
E é que, no marco desta “irresponsabilidade” á que apuntaron os populares, hai que destacar que, mentras o Partido Socialista non presentou ningunha iniciativa no Congreso, De Olano e García Díez rexistraron máis de 280 “de todo lo que le interesa a la provincia y a Galicia”.
“Ha dejado pasar el tiempo y ya se habla de facturas de cajón. En el mes de julio el Congreso parecía un mercado persa de sillones y nada más se ha hecho hasta que su Majestad El Rey se vio obligado a anunciar que no había un candidato”. Por iso, adiantou Jaime De Olano, “nos presentamos a esta segunda vuelta cercanos a las preocupaciones e ilusiones de los ciudadanos. Creemos en la unión del voto de centroderecha. Frente a la irresponsabilidad y frivolidad de Sánchez, nosotros correspondemos con el sentido de Estado que siempre hemos llevado a cabo”, suliñou.
Foron, por tanto, un conxunto de iniciativas que tamén tiveron a mesma presenza no Senado; iniciativas que, segundo explicou Barreiro, ían en consonancia co documento orzamentario que elaborara Mariano Rajoy e que foran expostas polo ex ministro de Fomento nunha visita á cidade de Lugo con prazos e dotacións concretas. Por este motivo, o senador cuestionou que a responsable de Adif afirmase que concretar os tempos de execución respecto da Alta Velocidade sexa unha irresponsabilidade. “Non era iso o que se lle dicía ao PP. Iso fixémolo e foi totalmente transparente. E isto foi o que reclamamos. Hai dúas formas de actuar: un ministro que deu a cara e puxo obra por obra enriba da mesa e, o PSOE, que non apareceu por aquí”. É que, engadiu, “non só non viñeron a dar a cara, senón que non deron resposta aos representantes lexítimos nas cámaras”. Tal é así que, “a única administración que fixo algo coa actuación máis importante que ten Lugo nos últimos tempos, a do barrio da Residencia, foi a Xunta de Galicia de Feijóo”.
Visita de Gonzalo Caballero
Por todo elo, Barreiro suscribiu as palabras do delegado da Xunta respecto da visita do secretario Xeral do PSdeG, cando Balseiro afirmou que Gonzalo Caballero non coñece a provincia. “Dicir isto resposta á caracterísitca de hipocresía de Sánchez. Por que o Sr. Cabellero non veu co ministro de Fomento e nos dixo algo sobre os avances do que anunciara Íñigo de la Senra?. Isto sería moi práctico. Pero, claro, non veu, porque non fixeron nada”. Esta circunstancia é a que leva ao popular a concluír que “en Lugo, non lles debemos nada ao PSOE. Dicir o que dixo o dirixente socialista é un atentado á intelixencia dos lucenses”, remarcou.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



