
Viveiro, 14 de setembro, 2019. Olalla Rodil, a deputada parlamentar do BNG, desprazouse até a estrada LU-161 acompañada da portavoz do BNG no concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, entre máis membros do BNG municipal, para comprobar in situ as obras de reforzo do firme desta estrada que se están a acometer estes días pola Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galiza.
A deputada nacionalista, que levou no 2018 ao Parlamento Galego a demanda de adopción de medidas urxentes para executar as obras de mellora e acondicionamento nesta estrada autonómica, valora positiva pero totalmente insuficientes estas obras de parcheo. Tanto a portavoz municipal como a deputada do BNG, consideran que este reforzo do firme é unha actuación básica e imprescindíbel que serve como medida provisional para minimizar o grao de perigosidade e de risco, pero totalmente insuficiente esta actuación da Xunta neste vial que leva abandonado e olvidado durante máis dunha década, sendo como é unha das principais vías de conexión d@s viveirenses coa Mariña Central.
Míriam Bermúdez, asegura que non ve ningún motivo para sentir orgullo como o que veu amosando o PP con estas obras de parcheo durante a campaña electoral de maio e mesmo hai uns días, e parécelle unha auténtica tomadura de pelo que o delegado da Xunta do PP intente facerlle crer á veciñanza de Viveiro que só con estas obras de reforzo do firme vaia servir esta estrada para conectarnos correctamente co interior do Mariña, cando esta estrada non conta nin con beiravías en ningunha das súas marxes, nin con gabias pavimentadas na maior parte do seu traxecto, pero sí conta con profundas e perigosas zanxas nas cales acaban caendo con frecuencia algúns vehículos, como tamén conta cunhas 55 curvas en tan só 6 kms que corresponden no municipio de Viveiro.
Olalla Rodil anuncia que o BNG seguirá esixindo á Xunta un maior investimento neste vial para desenvolver un proxecto de trazado de ampliación e mellora da estrada LU-161 que contemple, entre outros, a ampliación da calzada para dotala de beiravías, a rectificación das curvas máis perigosas, instalación de estruturas protectoras nos pasos salvacunetas, actuacións no drenaxe da plataforma vial prevendo o seu tendido e o revestimento das gabias de seguridade, todo co obxecto de que este vial se convirta nunha verdadeira estrada de conexión intracomarcal que axude a revitalizar o comercio e a economía local dos concellos que atravesa e limítrofes, ademais de aumentar a seguranza viaria e a comodidade de circulación dos seus usuari@s.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



