Viveiro, 27 de setembro, 2019. O BNG viveirense mobilizouse este 27 de setembro polo cambio climático tomando consciencia das problemáticas non só globais, senón tamén nas locais que temos ao noso carón e padecemos máis directamente como a tan necesaria rexeneración da ría de Viveiro, e por iso o BNG remata de rexistrar ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo a denuncia polo estado do saneamento da Ría de Viveiro, viaxe a Bruxelas no que acudiran membros do BNG como Ana Miranda e Míriam Bermúdez acompañadas da plataforma Pro-Celeiro. O documento resalta o incumprimento da Normativa Europea en materia de tratamento de augas residuais e de calidade das augas polo atraso na execución das obras tan necesarias, que deberan estar xa resoltas no ano 2000.
Na denuncia presentada destácanse tres cuestións:
Por unha banda, a lentitude e pasividade das administracións, pois a Xunta do PP leva case 10 anos de anuncios destas melloras na depuración pese a existencia de fondos europeos, agora en risco de perda, e que recentemente volven a repetir o xa anunciado e a celebrar a licitación dunha parte das obras que por si soas non van a resolver o problema.
Outro feito denunciado son os datos falsos que foron remitidos á Comisión Europea para evitar sancións, indicando que existe un tratamento adecuado das augas residuais e, sen embargo, a propia Xunta de Galiza recoñeceu en diferentes ocasións que a capacidade real da EDAR está por debaixo do necesario para a poboación do Concello e que as augas non se desinfectan correctamente antes de se verter.
Tamén é coñecida por todas a rotura do emisario, que verte as augas no interior da ría preto das praias e unha captación de auga, pero este proxecto só se centra na EDAR sin contemplar o amaño do emisario, mais os datos que a Xunta remite a Bruxelas non citan este problema como si se vertese correctamente na zona externa da ría. Isto provoca un problema sanitario, como sinala finalmente o documento, polos problemas por contaminación nas zonas de baño e nos sobrecustos que xera ao Porto de Celeiro na depuración das augas captadas.
A concelleira nacionalista, Míriam Bermúdez, advertiu que “a loita do BNG cesará cando se teña unha ría limpa e recuperada, e para todo isto é imprescindíbel que se poña en marcha un proxecto integral de rexeneración medioambiental, que permita identificar as zonas da ría que presentan unha maior degradación e recuperar as zonas que o precisen, que inclúa a recuperación dos bancos marisqueiros e da pesca de baixura para unha explotación racional e produtiva, xerando riqueza e postos de traballo para o pobo de Viveiro.”











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



