Madrid, 2 de outubro de 2019.- A Xunta vén de solicitar ao Goberno central a adopción de medidas a curto prazo e de impacto que permitan reanudar a actividade na central térmica das Pontes, así como o impulso dunha transición enerxética xusta e ordeada. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Madrid na reunión convocada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica para avaliar a situación da central térmica das Pontes, á que tamén asistiron representantes da empresa e dos traballadores, así como o alcalde da localidade.
Conde lamentou a falta de propostas por parte do Goberno para reactivar a actividade e garantir o emprego na comarca e trasladou a vontade da Xunta de seguir traballando, de xeito conxunto, activamente para a identificación de solucións e a adopción de medidas que dean unha resposta a esta situación xa que, incidiu, non hai tempo. En concreto, o Goberno galego solicitou ao Estado traballar de xeito conxunto para conseguir reactivar a actividade na factoría -que leva cinco meses parada- e reclamou a posta en marcha de medidas a curto prazo como a eliminación do céntimo verde ao carbón, a redución da fiscalidade ou o establecemento de pagos por capacidade para as térmicas.
Conde incidiu, por outra parte, na necesidade de apostar por unha transición enerxética xusta e ordenada que non supoña unha ruptura enerxética e que non se traduza nunha destrución do tecido industrial galego e do emprego asociado. Neste sentido, a Xunta pide a posta en marcha do Plan de acción urxente da estratexia de transición xusta 2019-2021 destinado ás centrais en proceso de transición; así como a participación de Galicia na plataforma europea de rexións afectadas polo peche de centrais térmicas. O obxectivo é que a Comunidade estea presente nestes grupos de traballo para a busca de alternativas socioeconómicas a futuro.
A Xunta lembra que a prioridade son as 750 familias vinculadas á central das Pontes e que calquera solución que se poida adoptar ten que contar co mantemento do emprego, xa que non se pode abordar unha reestruturación sen ofrecer alternativas reais e viables.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



