Ribadeo, 8 de outubro de 2019. José Penzol Díaz, acompañado da súa dona e dunha filla, recolleu en Viaxes Eroski, en Ribadeo, o premio da viaxe a Cuba para dúas persoas que lle tocou no sorteo celebrado no VI Ribadeo Indiano. No acto de entrega participaron o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, así coma a concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o persoal da oficina de Viaxes Eroski.
José Penzol cedeulle a viaxe a dúas persoas da súa familia, que o gozarán do 13 ao 20 de outubro. O premio cubre o vo de Madrid á Habana, o traslado posterior ao aeroporto, a habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Habana Riviera By Iberostar de 4 estrelas durante 3 noites, o traslado desde a Habana a Varadero, habitación dobre con todo incluído 4 noites no hotel Iberostar Laguna Azul de 5 estrelas. Inclúe tamén vo desde a Habana a Madrid, o visado a Cuba e o seguro de viaxe.
O sorteo da viaxe a Cuba foi un dos reclamos máis importantes do pasado Ribadeo Indiano, xa que máis de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartiron preto de 200.000 rifas. Ao sorteo celebrado tras o concerto ofrecido polo grupo Compay Segundo asistiron arredor de 12.000 persoas o pasado 14 de xullo.
Dende a organización do VI Ribadeo Indiano agradecen “a colaboración prestada por Estrella Galicia e Banco Sabadell para levar a cabo esta actividade, que foi un auténtico éxito”.
Tanto desde Acisa como desde o Concello desexáronlle unha boa viaxe e unha grata estadía aos familiares de José Penzol, que se desprazarán a Cuba dentro duns días.
A empresa coa que viaxan á illa caribeña, Viaxes Eroski, é socia de Acisa.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



