Ribadeo, 31 de outubro de 2019. A Casa do Mar acolleu onte unha charla sobre compostaxe doméstica, organizada polo Concello de Ribadeo e por Sogama. A actividade estivo dirixida a propietarios e propietarias de vivendas unifamiliares que dispoñen de xardín, hortas ou terras de cultivo, a través da cal se explicou con detalle o proceso de fabricación do compost a partires dos residuos orgánicos xerados nos fogares, obtendo un abono de alta calidade que poderán utilizar nas súas propiedades.
Os asistentes recibiron un manual de compostaxe doméstica no que se explican, entre outras cousas, as súas vantaxes: a eliminación ou redución do excesivo uso de fertilizantes químicos, a diminución da frecuencia de recollida dos contedores xenéricos por parte dos servizos municipais e do número de desprazamentos que cada veciño ou veciña realizará aos contedores.
Na charla explicouse que a compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar, como é o caso de restos de comida e podas, obtendo un produto final, o compost, que pode ser utilizado como acondicionador de solos nos propios xardíns e hortas das vivendas que o fabrican.
Trinta veciñas e veciños levaron os seus composteiros para a casa. Deste xeito sumáronse a este programa de compostaxe doméstico. Xunto a eles estiveron o concelleiro e o técnico de Medio Ambiente, Jorge Díaz e Jaime Pérez.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



