Viveiro, 31 de outubro, 2019. Este xoves no IES María Sarmiento, presentouse o XXXII Congreso ENCIGA, que terá lugar neste centro educativo o 14, 15 e 16 de novembro de 2019, no que se desenvolverán diversas actividades, como obradoiros, conferencias, exposicións, rutas e visitas didácticas a empresas da Mariña, visitas ao casco histórico de Viveiro e ao porto de Celeiro, e outras relacionadas co mundo das ciencias no ensino.
Este congreso está organizado por ENCIGA (Asociación de Profesores de Ciencias de Galicia), fundada en 1988 e que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático‑científico‑tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios, e conta coa colaboración do Concello de Viveiro.
Este Congreso Anual de Ensinantes de Ciencias é o acontecemento anual da asociación que, ademais do fin formativo, terá un fin claramente social; para o Concello de Viveiro é unha honra poder colaborar con esta iniciativa e acoller esta actividade de ambito autonómico.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



