A actividade inclúe o desprazamento en autocar e a entrada. O prezo é de 15 euros por persoa para adultos e rapaces maiores de doce anos, mentres que os menores desa idade terán que pagar 12 euros. Para os bebés de menos dun ano é gratis. Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
