Barreiros, 28 de decembro, 2019. Deuse lectura e iste texto:
Rematamos o ano igual ca o empezamos, sen goberno, con moita cuestións que afectan a Galicia e á economía galega sen solucións, e entre elas a que mais nos importa: sen solucións para as nosas pensións, as que están á cola no Estado, e sen que os que tenen a responsabilidade de formar goberno teñan asumido ainda, e decidido poñer no papel aquelo que é básico para que o sistema público de pensións teña futuro, como é a derrogación das reformas laborais, porque é o Estado español o responsable da situación da precariedade das pensións das galegas e dos galegos.
O goberno en funcións celebra hoxe o último Consello de Ministros do 2019, e levan na orde do día o tema das pensións para estudiar unha posible subida.
Tede en conta que se este tema vai ao consello de ministros é tamén polas nosas mobilizacións, non só en Barreiros e na Mariña, senón en todo o país e no conxunto do Estado.
Tede en conta tamén o que dixemos aquí en mais dunha ocasión, que o Banco Central Europeo, en comandita coas grandes entidades finacieiras europeas e o gran capital, atacan continuamente, e ponen en dúbida a viabilidade do sistema público de pensións, e son tamén os responsables, polas presións exercidas, das reformas laborais que aquí precarizaron o emprego empobrecendo os salarios e poñendo en perigo as pensións, restándolles poder adquisitivo.
A proposta que vai sacar adiante hoxe o goberno en funcións desde logo que non vai ser a solución, pois a proposta que saquen vai ir na liña do Plan Presupostario enviado a Bruxelas, pois é Bruxelas, a Unión Europea, e as corporacións fiancieiras que a controlan, quenes dirixen a política económica do Estado Español.
Sempre decimos que non imos permitir que nos engañen ou nos tomen o pelo, pois xa dixemos aquí en mais dunha ocasión como desde un organismo coma o Banco de España ofrecen datos que non se corresponden coa realidade, co único fin de xustificar que desde o goberno non se suban as pensións nas cuantías que deberán facelo. E en días pasados tamén vimos como difundían en medios de comunicación datos terxiversados sobre as pensións galegas, e chegaban a decir que a seguridade social é deficitaria en Galicia por culpa das pensións.
Hai que ter moita cara e moi pouca vergoña para insinuar esto, e decírnolo a nós, aos pensionistas galegos, que temos as pensión mais baixas do Estado.
Non nos cansaremos de decir que o problema para a Seguridade Social e para o Sistema Público de Pensións non é que éstas suban. O problema é que haxa pouco traballo, traballo precario, e por conseguinte, menos cotización á seguridade social, e eso é culpa dos que aprobaron as reformas laborais que precarizaron as condicións laborais de traballadoras e traballadores, e tenen nomes e apelidos os partidos políticos que fixeron eso.
Compañeiras e compañeiros, os pensionistas de Barreiros, os pensionistas da Mariña e os pensionistas galegos non nos rendimos e seguiremos na loita para trasladarlle ao novo goberno que se forme as nosas reivindicacións:
– Derrogación das reformas laborais
– Aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– Supresión do factor de sustentabilidade. (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición)
– Pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– Recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.
– Consolidación da actualización anual das pensións en base ao IPC
– Blindaxe do sistema público de pensións
– Pensións dignas e con poder adquisitivo










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



